13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Illas Atlánticas convoca unha nova edición do seu concurso fotográfico e de relatos

A temática estará relacionada coa flora e fauna, a paisaxe, a tradicións, as lendas e as historias sobre os distintos arquipélagos do Parque Nacional

04 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Solpor nas illas Cíes. / Foto: VIGOÉ Solpor nas illas Cíes. / Foto: VIGOÉ

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia vén de convocar unha nova edición do concurso de relatos do Parque Nacional e do certame de fotografía ‘Unha mirada ás túas illas’, que leva por lema ‘As cores das illas’. Ambos teñen dúas categorías ou modalidades: xuvenil, para participantes de entre 10 a 17 anos; e adultos, a partir dos 18 anos. O prazo de presentación dos traballos finaliza o vindeiro día 21 de decembro.

A temática dos relatos deberá estar relacionada cos valores e o patrimonio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, como a súa flora e fauna, paisaxe, tradición, lendas e historias sobre os distintos arquipélagos.

Os contos deberán enviaranse baixo pseudónimo, ben por correo ordinario (Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Rúa Oliva 3, Vigo 36202) ou por e-mail ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Poderán presentarse textos orixinais en galego ou castelán. Así mesmo, establécense dúas modalidades: unha de relatos curtos, cunha extensión mínima de 900 palabras e máxima de 1.500; e outra de microrrelatos, cun máximo de 500 palabras. Cada participante poderá concursar cunha historia inédita para cada modalidade e que non fora premiado anteriormente.

Os galardóns consistirán nunha visita ao Parque Nacional e un lote de material divulgativo relacionado cos espazos protexidos. Ademais, editarase un libro cos relatos gañadores e os seleccionados de cada categoría, entregándolle cinco exemplares da publicación ás persoas gañadoras, tres aos clasificados e un a cada participante.

As cores das illas
A cuarta edición do concurso fotográfica ‘Unha mirada ás túas illas’ convida á participación de fotógrafos profesionais ou afeccionados, que desexen captar as cores que mostran as Illas Atlánticas de Galicia que reflicten a diversidade da vida, a cultura e as paisaxes dos distintos arquipélagos.

Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías (unha para cada categoría) por participante adulto e unha para a modalidade xuvenil. As fotografías que se presenten deben ser inéditas e só se poderán presentar fotografías en formato dixital.

Haberá dous galardóns (1º e 2º)  por cada modalidade e categoría. O xurado fará unha selección das 5 mellores imaxes por modalidade e categoría e elixirase mediante votación ao gañador entre os seleccionados.

O primeiro premio consistirá nunha ruta dun día para o premiado e un acompañante polas Illas do Parque Nacional a bordo dunha embarcación tradicional-histórica. Os segundos premios consistirán nun lote de publicacións sobre o Parque Nacional, adecuadas á modalidade e categoría  á que se presentaron os autores.

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos