19112017Dom
Última edición: Dom, 19 Nov 2017 12pm

entrevista

“Todo o rastro nazi en Galicia leva cara Vigo, daría para moitas novelas”

Xabier Quiroga fala con VIGOÉ sobre a novela na que investiga sobre a fuxida dos militares do III Reich a través de Galicia

16 Julio 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Xabier Quiroga. Xabier Quiroga.

Hitler en Galicia, fuga de nazis a través do porto de Vigo, pasadizos segredos no mosteiro de Samos... Ficción ou realidade. O tema da presenza dos militares do III Reich en Galicia, moitas veces mitificado pero aínda sen investigar a fondo, e o argumento da novela “La casa del nazi” (Editorial Plan B, 2017), de Xabier Quiroga (Escairón, Lugo-1961).

"La casa del nazi" é a traducción ao castelán da obra "Izan o da saca", de Xabier Quiroga. O profesor e escritor atrévese a tocar un asunto que “aínda hoxe é tabú” polo seu rastro en moitas familias galegas. Premio da Crítica coas súas dúas anteriores novelas ("O Cabo do Mundo" e "Zapatillas rotas"), o autor fala con paixón da investigación feita para levar o tema ao papel. “Queda moito por descubrir”, afirma nunha entrevista con VIGOÉ.

Definiría a súa obra como novela negra?
Non. Hai xente que fala de novela negra, outro de novela histórica, de thriller... Creo que os xéneros ultimamente mestúranse uns cos outros, esas fronteiras están xa tan indefinidas que non me parece adecuado cualificar a obra de novela negra. É unha procura, unha busca na Galicia actual dun pasado moi próximo que nos toca. Achégase un pouco a un thriller na busca de algo descoñecido, pero non é unha novela negra, aínda que hai mortes e elementos policiacos, pero non é así.

É a súa primeira novela traducida do galego?
Si, é a primeira tradución a gran escala para sacar á venda. Houbo outra, unha pequeniña novela, na que un compañeiro que vive en Burgos quería que os seus alumnos tiveran a oportunidade de ler un dos mes libros e se ocupou el. Foi cunha editorial pequena e cunha distribución case exclusiva para os alumnos do profesor.

O preguntaba porque non sei ata que punto pérdense os matices orixinais?
Totalmente, a frase de “traduttore traditore”, o que traduce é un traidor, é así. Xa non falo de poesía, é un imposible. Certa esencia e aroma do galego, do pobo, da musicalidade, a sintaxe das frases... pérdese moito, moito. O que se escribe dun idioma fala da esencia do pobo. É moi complicado, pero tamén teño que dicir que Isabel Soto fixo un magnífico labor, e está sendo eloxiada por moitas persoas, tamén por lectores de galego.

Como chega ao tema nazi?
Foi por casualidade. Dando un paseo por unha biblioteca encóntrome un libro de Eduardo Rolland, “Galicia en guerra”, unha crónica de batallas, submarinos, wolframio... Unha visión de certa pegada de nazis e alemáns en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. Sabía algo do tema, pero sorprendeume moitísimo. Empecei a investigar e fixen tamén un traballo de campo, buscando documentación e falando con xente, desplazándome a minas, a mosteiros, a embarcadoiros, lendo moito... sobre todo sabendo que aí había unha ou múltiples novelas. Quería facer unha novela que contase estes feitos que están tan agochados e tan escondidos para moita xente.

Que parte da novela é investigación e que parte ficción, podemos trazar unha liña divisoria?
Realmente a novela combina realidade e ficción en todos os sentidos, podemos dicir que tanto en personaxes, como lugares, accións... pero hai persoas a quen lles cambiei o nome e hai personaxes ficticios que teñen nomes reais. Non se pode establecer unha porcentaxe, pero moitos dos elementos que aparecen aí relacionados con nazis son presentes, a investigación histórica que fai Víctor dun pasado nazi está aí. Esa é a Historia con maiúscula, tal e como lle chamo eu. Despois está a minúscula, personaxes inventados, elementos para crear unha trama novelística. É difícil establecer unha porcentaxe, pode ser dous a dous, realidade e ficción. Hai moita xente que o pregunta e incluso viaxan aos lugares para investigar. Samos, é certo? Ribeira Sacra? A literatura leva ata estes elementos.

En que faceta atopouse máis cómodo, á hora de investigar e percorrer os escenarios da novela ou á hora de escribir?
Máis enganchado e máis cómodo estiven á hora de facer ese traballo de campo, falando con xente, lendo libros, investigando... descubrindo elementos novos que sempre me chamaban a atención. En canto a escribir, é un traballo laborioso, incluso con certo maltrato físico, porque para os que pasamos moitas horas diante do ordenador, as vértebras xa se queixan, pero todo engancha.

Evidentemente non tería tantos problemas como Reiniña para investigar, pero foi doado? Encontrou colaboración por parte da xente?
A xente é moi amable colaborando, pero estes feitos dos nazis están tan sepultados na memoria, tan adrede escondidos, houbo un disimulo, un tapado... Esa impunidade coa que se moveron, sempre en silencio, foron axudados por moitas familias... Non deixaron nada escrito porque lles conviña. É moi complicado basear todo na memoria, porque escritos hai poucos. Descubrín algunhas cartas a familiares, pero por exemplo, o famoso nazi Guillermo Cloos (Frederic Wilhelm Cloos), enterrado en Vigo, sempre regalaba o libro “Mein Kampf” (“Mi Lucha”) de Hitler aos coñecidos. Ese libro o eliminaron porque non conviña ter esas amizades. Despois falar tranquilamente da relación non convén, aínda hoxe o tema nazi é tabú. Tampouco hai excesiva investigación aquí, é un campo aberto para xornalistas e historiadores.

En Vigo hai moito rastro nazi, pero ata que punto está mitificado?
Loxicamente co paso dos anos ese proceso de mitificación acontence, engrandécese e cobra unha magnitude especial, pero é que tamén Vigo era un núcleo nazi total, era o porto de embarque. Precisamente, non quixen levar a Reiniña a Vigo e hai xente que me di que falta unha segunda parte, porque empecei por Lugo, pola zona de Monforte e da Ribeira Sacra, e todo leva cara a Vigo. O cargadoiro da ponte de Rande, o río Verdugo, o Colexio Alemán, a Estación Marítima... pero quería facer unha obra de ficción, xa o proceso foi de ir podando, porque chegou un momento en que tiña tantos elementos históricos que tiven que recordar que eu era un escritor de novelas, non un historiador. Por iso deixei ao marxe Vigo, pero daría para moitas novelas.

Hai unha teoría sobre a fuxida de Hitler a través de Vigo, non sei se lle da credibilidade?
Na miña novela aparece esa teoría alimentada por un canteiro que é Farandulo, que traballou no mosteiro de Samos e que di que viu con vida a Hitler alí escondido. A teoría de que marchou a Vigo non está confirmada, aínda que hai historiadores como Abel Basti que a defende. O Farandulo tamén é moi fabulador, de feito o seu nome ven da farándula e non sabemos ata que punto crelo, pero o mito está aí, porque o mosteiro de Samos ardeu e todos os pasadizos e o bunker quedou derruído e logo xa non se recuperou. A teoría chama moito a atención. Agora cando chamades moitos xornalistas sempre me preguntades sobre o tema e me pedides opinión. Sempre digo o que me contaron e non podo estar seguro. Do que si estou moi seguro e da estreita relación entre o réxime franquista e o nazi, e do mesmo xeito coa igrexa católica, que proporcionou documentación para os que marcharon dende Vigo. Tiveron que esperar case dous anos a que Perón decretase a autorización para a súa entrada e os que estaban agochados marcharon dende Vigo. En Galicia hai moito pasado nazi, moito vestixio, pero tamén moito por descubrir.

É Reiniña un antiheroe?
A Reiniña xa o utilizara noutra novela, no “Cabo do Mundo", e necesitaba un personaxe lixeiro, audaz, atrevido, aventureiro, antiheroe, pero ao mesmo tempo honesto e legal, un sabueso, un buscavidas. Gusta moito, ten retranca, deixase querer... foi moi adecuado. Leva tundas por ser descarado e polo obxectivo de descubrir a verdade.

A personaxe de Varela é unha crítica a actual política?
Por suposto, é unha denuncia do proceder falso, interesado, de moitos e certos políticos. Non sei se sentirá identificada algunha persoa, pero hai moito dos que din por diante e por detrás pensa e fai doutra maneira. Esa falsidade da política tamén é unha crónica da actualidade. Tamén quería manifestar como somos os galegos, como pensamos, certas deficiencias.

Tamén hai unha homenaxe aos mestres da República, aos movementos como o 15-M...
Alégrome de que mo digas, porque hai xente que pensa que o libro toca soamente o tránsito dos nazis polo noso país, pero é certo que como novela ten outros valores e outras temáticas. Aparte da denuncia política, tamén está a memoria colectiva, o réxime franquista, os mestres republicanos, a confiscación dos bens, a impunidade coa que funcionaban os fascistas, a represión... e tamén esa forza dos personaxes populares por saír adiante a pesar das torturas. Despois tamén figura a paisaxe galega, ese choque entre a cidade e o rural. A novela ten moitos elementos, incluso unha historia de amor, por iso quero que quede moi claro que non só é o tema nazi.

Está traballando xa na seguinte novela?
Ao non ser profesional o bo que teño e que son un pouco clandestino e non hai obras por encarga. Sego traballando e estou a darlle voltas a unha historia que non acaba de cadrarme, pero teño tempo para preparar e meditar para facer unha boa obra. Ao final non importa se sacas unha obra cada ano, se non que sexa unha novela que diga algo e que interese, polo menos que me interese primeiro a min.

Deduzo que non haberá segunda parte?
Non creo, porque quedou todo moi pechado. Alguén preguntábame se Reina morrera, pero o que dixen era que houbo luto no gremio dos taxistas, non que morrera. Pode que nalgún momento Reina volva a investigar.

Antonino García

Licenciado en Ciencias de la Información. Atlántico Diario, Xornal de Galicia, El Mundo y Faro de Vigo. Ahora, en vigoe.es

Twitter - Antonino García

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

  • Un Parque Nacional único no mundo
    Un Parque Nacional único no mundo Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias…
    Leer más...

incendios forestales

recogida alimentos 2017

visita "real"

sequía: vídeo

  • Así está Eiras
    Un nuevo vídeo tomado el pasado domingo, 12 de noviembre, por Beto García con un dron muestra la preocupante situación en la que se encuentra la presa de Eiras.
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos