24102017Mar
Última edición: Mar, 24 Oct 2017 12pm

PoemaRia 2017 eríxese nunha homenaxe ás “mulleres da poesía”

A andaluza Carmen Camacho, a portuguesa Ana Luísa Amaral e as galegas Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e María do Cebreiro, grandes convidadas do certame

14 Junio 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Yolanda Castaño estará presenta en PoemaRia 2017. Yolanda Castaño estará presenta en PoemaRia 2017.

A segunda edición de PoemaRia, que se celebra entre o venres e o domingo en Vigo, centrará a súa programación en facer un recoñecemento as “mulleres da poesía”, tal y como explican os organizadores do certame.

Na inauguración do venres o evento contará coa poeta andaluza Carmen Camacho e as galegas Estíbaliz Espinosa e María do Cebreiro. A tamén galega Yolanda Castaño recitará o sábado xunto a autora portuguesa de referencia Ana Luísa Amaral.

Ademais, haberá outras lecturas de poetas con traxectoria editorial consolidada de Irlanda como Paul Casey, de Portugal como Filipa Leal ou Ana Luísa Amaral, de Córdoba como María Sánchez. Tamén contarase con voces salientables do panorama galego coma Antía Otero, Xina Vega, Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Pichel, María Reimóndez ou Isaac Xubín.

O encontro anual de Poesía internacional sitúa á Vigo entre as Cidades da Literatura de Europa, sendo un escaparate para o mellor e máis recoñecido talento das letras na esfera galega, nacional e internacional. Ademais a editorial madrileña Amargord creará unha nova colección Poemaria coa publicación dunha antoloxía anual do festival con diseminación en España e Latinoamérica.

PoemaRia non se limitou a tres días de xuño. Durante todo o ano levou a cabo diversas actividades para fomentar o diálogo entre a poesía galega coa do exterior, tal e como foron o recital de poesía arxentina en marzo e o obradoiro Marcelo Díaz, a presentación do libro bilingüe en galego e inglés Six Galician Poets ou os intercambios poéticos entre Irlanda e Galicia a través das lecturas de La Malinche. Ademáis, durante as últimas cinco semanas previas ao festival organizáronse obradoiros de Poesía no Salón do MARCO.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

entrevista: greenpeace

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos