19042018Jue
Última edición: Jue, 19 Abr 2018 2pm

 

Candido Pazó interpreta “Memorias dun neno labrego” para os alumnos mosenses

Para os estudantes de segundo e terceiro curso da ESO

19 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Candido Pazó interpretou este venres no Multiusos das Pozas a obra de Xosé Neira Vilas. / Foto: Concello de Mos Candido Pazó interpretou este venres no Multiusos das Pozas a obra de Xosé Neira Vilas. / Foto: Concello de Mos

O alumnado mosense está a gozar da programación municipal organizada especialmente para eles con motivo das Letras Galegas.

Nos colexios de Educación Infantil e Primaria impartiuse un obradoiro de música tradicional a cargo dos grupos Xógara e Tangaraño e para os estudantes de segundo e terceiro cursos da ESO do Instituto mosense o actor Candido Pazó interpretou este venres no Multiusos das Pozas a obra de Xosé Neira Vilas, “Memorias de un neno labrego”.

Candido Pazó é un artista moi versátil que tanto cultiva o conto tradicional, a historia tabernaria ou o monólogo cómico, adaptándose camaleónicamente a cada tipo de programación e público.

O obxectivo desta iniciativa é o de de ofertar actuacións atractivas para a xuventude. A actividade consistiu nun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral. Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

educación

Ocio

infraestructuras

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos