19022017Dom
Última edición: Dom, 19 Feb 2017 10am

certame

Recta final para presentar os orixinais ao concurso MicroCatrorelatos

A primeira semifinal do certame celebrarase o 27 de xaneiro no Café de Catro a Catro

10 Enero 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
O xurado está integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas. O xurado está integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas.

O concurso de relatos curtos Microcatrorelatos, organizado polo café De Catro a Catro, xa está en marcha. Deste xeito, a súa primeira semifinal terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 22
horas no propio café, coa presenza dos autores seleccionados polo xurado.

O prazo para a admisión dos orixinais rematará este domingo, 15 de xaneiro, ás 23:59 horas. Aqueles textos recibidos con posterioridade ao día e hora de remate, entrarán na semifinal do mes seguinte.

A presenza dos autores ou autoras elixidos polo xurado na eliminatoria é obrigatoria, posto que lerán as súas obras nun acto público. De non poder facelo, deberán xustificar a súa ausencia e nomear un substituto que o faga. Para a súa interpretación, os autores poderán valerse de disfraces ou calquera aditamento que precisen, pero non poderán facer introducións ou presentacións das obras, senón que terán que lelas sen máis engadido.

No día da semifinal, as persoas asistentes ao acto votarán outorgando puntuacións de 3, 2 e 1 puntos ás tres obras máis salientables (sendo obrigatorio votar a tres delas ou a papeleta de voto será invalidada), valorando a calidade literaria do texto en fondo e forma, a súa orixinalidade, así como tamén o xeito de lelo e interpretalo. O texto que obteña maior puntuación do público será seleccionada e competirá na final, que terá lugar no mes de maio.

O xurado (integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas), pola súa banda, fará a súa votación e elixirá outra obra finalista. O autor que resulte finalista nunha das semifinais non poderá participar en algunha outra das eliminatorias mensuais previas á final; do contrario quedará descualificado en todas as eliminatorias nas que participou.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sos desaparecidos

celta

salud

cine

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos