• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 18 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Deputación e Galaxia comezan a escribir a terceira edición da Escola de Letras

    Carmela Silva: “Esta Escola xa pode falar dunha historia de éxito, naceu nunha pandemia e ten conseguido poñer en valor a literatura, as letras, as persoas que se dedican a elas, as lectoras e lectores, e os autores e autoras que nacen con ela”
    Redacción por Redacción
    17 de Ene, 2022
    en Libros
    0
    Presentación da III edición da Escola de Letras

    Imaxe da presentación da Escola de Letras, con García Teijeiro -segundo pola dereita-. / Foto: Deputación.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, a primeira posta en marcha en Galicia e unha das escasas que existen a nivel estatal, comezará a escribir a súa terceira edición a partir do vindeiro 8 de febreiro. Neste 2022 serán de novo 6 obradoiros (3 en Vigo e 3 en Pontevedra), cun total de 90 prazas e cun claustro formado por tres autoras, Inma López Silva, Elvira Ribeiro e Anna Figueiredo, e dous autores, Diego Giráldez e Antonio García Teijeiro, baixo a dirección de Francisco Castro. A presidenta Carmela Silva participou na sede provincial en Vigo na presentación das novidades desta terceira edición xunto ao director e ao escritor García Teijeiro, e subliñou que este proxecto estrela “xa pode falar dunha historia de éxito” pois a pesar de ter nacido nun escenario de pandemia, foi quen de “poñer en valor a literatura, as letras, as persoas que se dedican a ela, os lectores e lectoras e os escritores e escritoras que van nacer da Escola”. De feito, nas dúas anteriores edicións foron 355 os e as participantes nos 12 obradoiros desenvolvidos e nas 4 máster class.

    Carmela Silva asegurou que a Escola de Letras “foi unha das mellores ideas que puxemos en marcha” recollendo a proposta de Galaxia, para o que tamén aludiu a unha recente declaración do ministro francés de Economía, Bruno de Maire, “que subliñou que a literatura é unha arma de liberdade”. “Porque do éxito desa participación nas actividades de mulleres e homes de todas as idades que escriben, nacen libros –subliñou-. E farán que moita xente poida atopar unha forma de ser feliz. Por iso, máis Escola de Letras, máis literatura, máis escritoras e escritores, máis lectoras e lectores e máis compra de libros, fundamentais para manter as editoriais e eses espazos divinos que son as librerías”.

    O director de Galaxia e da Escola, Francisco Castro, que destacou que esta iniciativa existe “porque un día decidimos conxugar o verbo amar” e pola “complicidade” da presidenta e da Deputación, avanzou as novidades desta terceira edición, que este ano se desenvolverá entre os meses de febreiro e novembro. Arrancará o 8 de febreiro co primeiro dos obradoiros de Inma López Silva en Vigo, e amais dos seus obradoiros programados, incluirá de novo máster class con autores e autoras de prestixio, abertas á cidadanía e que se espera que este ano sexan tamén presenciais. No caso dos cursos, será novidade o que ofrecerá Anna Figueiredo, titulado “Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas”, que responde a unha demanda do alumnado e que “será máis aberto, para falar de cuestións como tratar cunha editorial ou os premios literarios”.

    Ademais, anunciou a publicación do segundo volume con textos dos e das participantes da II edición da Escola, “Tes cinco minutos #2”, co gallo do Día do Libro, e avanzou que tamén neste 2022 se editará a primeira obra, de corte fantástica, dunha alumna da Escola de Letras. “O libro dos textos do alumnado non é un libro institucional, é un libro que se pode comprar en todas as librerías de Galicia e en liña, o que é un estímulo brutal para eles e elas como autores e autoras –indicou Castro-. Esta Escola é unha iniciativa de éxito, debemos dicilo con claridade. Saen escritoras e escritores e comezámolo a ver”. Outra das probas son as listas de agarda que se rexistran cada vez que se abre a inscrición dos obradoiros.

    Pola súa banda, Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e un dos docentes da Escola, subliñou que a súa experiencia nestes dous anos ten sido “magnífica”. “Cheguei á conclusión enorme de que a xente ten necesidade de escribir –afirmou-. A xente que asistiu a estas sesións viu cunha enorme ilusión por escribir, e fixo cousas realmente fermosas. Houbo unha comuñón entre as propostas e o traballo porque había unha paixón real por escribir e iso hai que canalizalo. Síntome satisfeito e coa idea de que hai que seguir por ese camiño”. Engadiu que “a poesía sen emoción non é poesía e, no fondo, todas e todos somos poetas, levamos dentro unha esencia poética que ás veces agroma e outras non, pero que está aí. Con esa idea, agardo esta terceira edición”.

    Outra das novidades estará no sistema de inscrición que se abrirá para cada un dos cursos (todos eles de 15 prazas “para unha atención máis individualizada”) un mes antes do inicio. Deste xeito, a partir de mañá martes 18, ás 8 horas, abrirase o prazo para asistir aos dous primeiros cursos, de Inma López Silva, que se desenvolverán entre febreiro e abril. As persoas interesadas deberán inscribirse en escoladeletras@editorialgalaxia.gal.

    Programación

    Os obradoiros literarios deste 2022 arrancarán cos que ofrecerá Inma López Silva en Vigo (8, 15 e 22 de febreiro; 8, 15, 22 de marzo e 5 e 19 de abril) e Pontevedra (10, 17 e 24 de febreiro; 3, 10, 17, 24 e 31 de  marzo), e continuarán co de poesía de García Teijeiro en Vigo os días 26 e 27 de abril. Retomaranse en setembro, cando iniciarán os seus obradoiros Anna Figueiredo en Pontevedra (19 e 26 dese mes; 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7 e 14 de novembro) e Diego Giráldez en Vigo (13, 20 e 27 de setembro; 4 e 11 de outubro). En outubro arrancará o obradoiro de poesía que impartirá Elvira Ribeiro, en Pontevedra (18 e 25 dese mes). Todos serán de 18 a 20 horas agás o de Anna Figueiredo, de 19 a 21 horas.

    Tags: Deputación de PontevedraEditorial GalaxiaEscola de Letras

    RelacionadosArtículos

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización
    Ponteareas

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización

    13 de May, 2022
    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia
    Música

    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia

    10 de May, 2022
    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas
    Ciencia y Tecnología

    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas

    09 de May, 2022
    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía
    Local

    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía

    05 de May, 2022
    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio
    Local

    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio

    28 de Abr, 2022
    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”
    Libros

    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”

    23 de Abr, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1890

      O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    • O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR