«O misterio de Nadal» narra a historia de Peregrina, unha investigadora viguesa que, xunto co seu amigo Roque e o seu can Magnum, tentará resolver o misterio do día de Nadal. Esta contada será o día 28, a partir das 12:00 horas, en Detrás do Marco.
A actividade é realizada polo Correo do Vento e promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Ademáis, Detrás do Marco acollerá o martes 29 de decembro (20:00 horas) a presentación do libro «Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Cordeira», de Eladio Rodríguez Fernández (Editorial Ir Indo). No acto intervirán Bieito Ledo, Xesús Alonso Montero e o propio autor.
Ao remate do acto, haberá unha degustación de un viño ribeiro, marca Tarabelo, da adega do autor Arco da Vella.