• VigoÉ
  • MAPA de Contagios y Restricciones Vigentes

    Consulta los mapas de contagios y restricciones covid en Galicia.
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 22 de abril de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Comeza na rede a escrita de «Caramomia», a novela xuvenil interactiva da Deputación

    O lanzamento da historia, que escriben xa a “Oito mans” Ledicia Costas, Daniel Landesa, María Lado e O Hematocrítico, iniciouse en Instagram e se pode ler tamén por entregas na páxina web da institución provincial
    Redacción por Redacción
    11 de May, 2020
    en Internet, Libros
    0
    Catro referentes galegos e a Deputación lanzan unha novela de misterio interactiva nas redes sociais

    Imaxe da obra.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Coa presentación do primeiro dos seus catro personaxes principais, Roque, arrancou hoxe na rede Instagram a novela “Caramomia”, a nova iniciativa cultural que promove a institución provincial e que busca implicar á mocidade na lectura a través da publicación por entregas desta historia xuvenil de misterio. Trátase dun proxecto que está asinado a Oito Mans por dúas e dous dos autores máis recoñecidos da comunidade, Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico (pseudónimo de Miguel López) e que se pode ler tamén na propia web da Deputación de Pontevedra. Como explicara a presidenta Carmela Silva na súa presentación, esta iniciativa remarca o firme apoio e o compromiso da Deputación coa cultura e, máis particularmente, cos escritores e escritoras galegos, apostando así mesmo por “un novo modelo interactivo e dixital como instrumento de creación literaria”.

    A historia de “Caramomia”, que vai dirixida á mocidade a partir dos dez anos, foi ideada por estes catro creadores nestes días de confinamento e a ficción transcorre tamén na corentena. Está protagonizada por catro rapaces, Roque, Brando, Mafalda e Mabel e, como apunta a súa sinopse, haberá un feito que altere a monotonía dos días de illamento: o roubo dunha valiosa peza do museo. As sospeitas das crianzas xiran en torno á “Caramomia”, para eles unha señora pouco recomendable á que cómpre vixiar moi de preto. Por iso emprenderán unha investigación na que non só van ser eles os protagonistas, senón que tamén o serán os lectores e lectoras da novela, xa que eles poderán decidir como queren que avance a trama e as accións dos personaxes.

    Así, despois dos catro primeiros capítulos (amais dos luns publicaranse o mércores, o venres e o sábado), que servirán para a presentación dos protagonistas e da trama, a partir da semana que ven ao final de cada entrega establecerase, como explicou a autora Ledicia Costas, un sistema de votacións no que se darán opcións para que os e as lectoras decidan por que camiño vai avanzando a resolución do misterio. Amais, destacou tamén que a historia antiga terá “unha importancia moi relevante, de aí o título de Caramomia” e apuntou que o deseño gráfico da novela é de Daniel Landesa.

    Neste primeiro capítulo lanzado na mañá de hoxe a iniciativa arrancou en Instagram con preto de 350 seguidores. A historia publicarase ata o 20 de xuño nesta rede e na web da Deputación, e iranse compartindo tamén os enlaces nos outros perfís da institución provincial nas redes sociais, Instagram, Twitter e Facebook.

    Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico traballarán en equipo e iranse repartindo a escrita dos 24 capítulos desta novela interactiva nun reto que eles definiron na presentación de Oito Mans como “unha aventura” e, ao mesmo tempo, subliñaron que a proposta lles serviu para reinventarse trala situación de confinamento que detivo todas as axendas culturais.

    Carmela Silva anunciou tamén na presentación do proxecto que, unha vez rematada a súa publicación virtual, a idea é que a institución provincial edite en formato papel esta obra. “Estes proxectos tan novidosos teñen que quedar para a posteridade”, apuntou. A presidenta incidiu en que o apoio á industria cultural, “amais de ser unha convicción desta Deputación, a considero unha obriga, aínda agora máis necesaria nesta crise sanitaria, onde a cultura encheu todos os espazos da nosa vida”. E fixo un chamamento a todas as administracións “para que dediquemos unha parte relevante dos nosos recursos á cultura” e ao conxunto da sociedade “para que consumamos cultura”.

    Tags: CaramomiaDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Redondela honra a memoria das persoas asasinadas por defender a República
    Redondela

    Redondela honra a memoria das persoas asasinadas por defender a República

    14 de Abr, 2021
    A DEPUTACIÓN APROBA O PROXECTO PARA A MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO BARRIO DO FERROCARRIL DE ARBO
    Arbo

    Luz verde á mellora da mobilidade peonil no barrio do ferrocarril de Arbo

    11 de Abr, 2021
    Un cruceiro de pedra para Lavadores
    Local

    Un cruceiro de pedra para Lavadores

    07 de Abr, 2021
    A nova biblioteca de Nigrán, na recta final
    Nigrán

    A nova biblioteca de Nigrán, na recta final

    06 de Abr, 2021
    “Rulo”, o bulldog francés maltratado que se recupera tras unha operación de hernia
    Redondela

    “Rulo”, o bulldog francés maltratado que se recupera tras unha operación de hernia

    04 de Abr, 2021
    Novo vehículo pesado de rescate e extinción en altura para o parque de O Porriño
    Porriño

    Novo vehículo pesado de rescate e extinción en altura para o parque de O Porriño

    30 de Mar, 2021

    Más Vistos

    Una mujer de 72 años fallece en Vigo atragantada con un trozo de carne

    Una mujer de 72 años fallece en Vigo atragantada con un trozo de carne

    por Redacción
    18 de Abr, 2021
    0

    bomberos vigo accidente puxeiros rescate heridos

    La mujer fallecida en Puxeiros iba a vacunarse y cambió de sentido en plena AP-9

    por Redacción
    15 de Abr, 2021
    0

    Terraza hostelería Vigo

    El comité clínico endurece las medidas en Vigo y Ponteareas

    por Redacción
    20 de Abr, 2021
    0

    Atropello en Vigo a las puertas del hospital

    Atropello en Vigo a las puertas del hospital

    por Redacción
    19 de Abr, 2021
    0

    La receta de BonPollo

    https://www.youtube.com/watch?v=ZNHiTTvhgZ0

    Evoluciona favorablemente la paciente ingresada en Vigo por una trombosis tras ser vacunada con AstraZeneca

    por David Lorenzo
    21 de Abr, 2021
    0
    Galicia roza los 200 fallecidos por coronavirus en la última semana, 24 en el área de Vigo
    Covid-19

    La mujer de 63 años vacunada con AstraZeneca que tuvo que ser ingresada la semana pasada debido a una trombosis...

    Leer mas

    Un conductor implicado con Makelele en el accidente mortal de un matrimonio en Vigo empotra su coche y da positivo en drogas

    por Redacción
    21 de Abr, 2021
    0
    accidente mortal matrimonio vigo 2008 juicio
    Sucesos

    Un vecino de Vigo resultó herido la madrugada de este miércoles al empotrar su vehículo contra el cierre de una...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    VigoÉ
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR