• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 11 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Catro referentes galegos e a Deputación lanzan unha novela de misterio interactiva nas redes sociais

    Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico promoven ‘Caramomia’, unha historia xuvenil na que a mocidade poderá ir decidindo o futuro das personaxes
    Redacción por Redacción
    08 de May, 2020
    en Libros
    0
    Catro referentes galegos e a Deputación lanzan unha novela de misterio interactiva nas redes sociais

    Imaxe da obra.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O luns 11 de maio a Deputación de Pontevedra lanzará o primeiro capítulo da novela interactiva ‘Caramomia’, a nova iniciativa cultural que promove a institución provincial e que busca implicar á mocidade na lectura a través da publicación nas redes sociais desta historia xuvenil de misterio. O proxecto será asinado a Oito Mans, con dúas autoras e dous autores galegos: Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico (pseudónimo de Miguel López). Como subliñou a presidenta Carmela Silva, “trátase dun proxecto innovador co que continuamos a nosa aposta absoluta polo mundo da cultura, un instrumento fundamental para construír unha sociedade avanzada e que as administracións públicas temos a obriga de apoiar”.

    A mandataria provincial insistiu no seu firme e directo apoio ás escritoras e escritores galegos, apostando amais por “un novo modelo interactivo e dixital como instrumento de creación literaria“. Silva personalizou o seu recoñecemento ao sector cultural nos catro protagonistas da proposta e, máis polo miúdo, destacou a paridade como “outro valor” desta innovadora iniciativa, que reúne a dúas autoras e dous autores entre os máis “relevantes da creatividade na nosa comunidade”. Destacou así mesmo que Oito Mans, como se chama a iniciativa impulsada por Costas, Lado, Landesa e O Hematocrítico, “vai dirixido á mocidade e vai ter un escenario creativo moi do noso tempo, que sen dúbida van ser elementos novos que as creadoras e creadores tamén están utilizando para chegar ao maior número posible de persoas da cidadanía”.

    “Amais de ser unha convicción desta Deputación, dixo Silva, considero unha obriga apoiar a industria cultural e aínda agora máis necesaria nesta crise sanitaria, onde a cultura encheu todos os espazos da nosa vida”. Por elo, realizou un chamamento a todas as administracións “para que dediquemos unha parte relevante dos nosos recursos para cultura” e ao conxunto da sociedade, “para que consumamos cultura”. “Igual que é fundamental ter unha sanidade pública potente –advertiu- tampouco podemos esquecer que precisamos apoiar dunha forma potente á cultura e a todas as nosas creadoras e creadores, moi particularmente o que ten que ver coa literatura. É fundamental que fagamos unha aposta moi importante pola lectura, sobre todo cara ás xeracións máis novas, que son os lectores e lectoras do presente e do futuro”.

    Pola súa banda, os autores e autoras salientaron este compromiso da Deputación coa cultura e a creación literaria en particular, “sobre todo -como indicou Ledicia Costas- porque estamos a falar dun proxecto de literatura infantil e xuvenil que move a un importante número de nenas e nenos que neste momento tan particular que estamos pasando están confinados nas súas casas”. No que atinxe á novela, a escritora definiuna como “un xogo e unha aventura marabillosa” e valorou especialmente que o público vaia participar dunha forma tan directa no proxecto “porque é unha novela que se vai desenvolver sobre a marcha”. Explicou que vindeira semana se publicarán os catro primeiros capítulos dos 24 da historia no perfil que xa hai creado en Instagram co nome ‘Caramomia’, cuxo deseño gráfico é de Landesa. E a partires dese momento, cando xa estean definidos os personaxes e a historia, “os lectores e lectoras van tomar decisións transcendentais que afectan á trama e á nós para ir artellándoa”. O poderán facer cun sistema de votacións que se lanzará ao final de cada capítulo, no que darán opcións para que decidan por que camiño vai avanzando a resolución do misterio. Si adiantou que a historia antiga “ten unha importancia moi relevante, de aí o título de ‘Caramomia’”.

    Pola súa banda, María Lado e Miguel López explicaron que a idea xurdiu da propia situación de confinamento dos creadores nesta crise sanitaria, “onde nos vimos parados, porque todas aquelas axendas quedaron detidas”. Maduraron a iniciativa en ‘vídeovermús’ e Lado recoñece que coa proposta, “conseguimos reinventarnos, porque todas as persoas da cultura tivemos que facelo, e estamos contentas de atopar este sitio”. Engadiu que a novela está dirixida á crianzas (a partir de dez anos), pero tamén á xente adulta. “Non só vos ides estar xogando senón que nós mesmas, como autoras, imos desfrutar do pracer de escribir sobre a marcha unha historia escrita entre os catro, co reto de traballar en equipo”. 

    Carmela Silva e O Hematocrítico durante a presentación da iniciativa

    Miguel López, pola súa banda, destacou a “flexibilidade” do proxecto e o uso das redes sociais para que a rapazada “poida ter nas súas casas acceso inmediato á historia e poidan meter as mans en profundidade na historia e influír nela. “Como todo está cambiando, nós temos tamén que cambiar e inventar cousas; a ver que sae”. “É complexo encaixar toda esta escrita en común -agregou Daniel Landesa- usando unicamente os medios telemáticos pero o proxecto é moi bonito”.

    A presidenta Carmela Silva anunciou que unha vez rematado o proxecto en redes, a idea é que a institución provincial edite en formato papel esta obra. “Estes proxectos tan novidosos teñen que quedar para a posteridade”, apuntou.

    Tags: Daniel LandesaDeputación de PontevedraHematocríticoLedicia CostasLibrosliteraturaMaría Lado

    RelacionadosArtículos

    A Deputación reforzará a promoción turística no aeroporto de Vigo
    Local

    A Deputación reforzará a promoción turística no aeroporto de Vigo

    10 de Ago, 2022
    Arbo estrea a reforma do barrio da estación, promovida pola Deputación de Pontevedra
    Arbo

    Arbo estrea a reforma do barrio da estación, promovida pola Deputación de Pontevedra

    05 de Ago, 2022
    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros
    Mos

    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros

    02 de Ago, 2022
    A ocupación hoteleira na provincia acada o 78% de media en xullo e mellora os datos prepandemia
    Más Vigo

    A ocupación hoteleira na provincia acada o 78% de media en xullo e mellora os datos prepandemia

    29 de Jul, 2022
    O himno feminista ‘Respect’ pon o peche de ouro á gala da segunda edición de Descúbreas
    Música

    O himno feminista ‘Respect’ pon o peche de ouro á gala da segunda edición de Descúbreas

    21 de Jul, 2022
    A Deputación encherá o ‘Canteira Fest’, en Vilaboa, de actividades e actuacións de memoria histórica
    Espectáculos

    A Deputación encherá o ‘Canteira Fest’, en Vilaboa, de actividades e actuacións de memoria histórica

    19 de Jul, 2022

    Más Vistos

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    por Redacción
    08 de Ago, 2022
    0

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0

    Vigo ya tiene Praza Maior

    Vigo ya tiene Praza Maior

    por Julio Alonso
    09 de Ago, 2022
    0

    Vigueses en el infierno del Barbanza: «Pensábamos que lo perdíamos todo»

    por EFE
    09 de Ago, 2022
    0
    Noche sin tregua por los incendios en Barbanza y Canicouva; controlado en Arbo
    Local

    En el cámping Ría de Arousa, en Ribeira, reina la tranquilidad tras una noche de agosto que muchos recordarán como...

    Leer mas

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0
    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»
    Música

    Lola Índigo confiesa en Castrelos un episodio íntimo de su vida dando una lección de vida a sus seguidores

    Leer mas

    Sting versus Nathy Peluso

    por Octavio Beares
    07 de Ago, 2022
    0
    Sting versus Nathy Peluso
    Música

    En el concierto de Sting en Castrelos la noche de ayer servidor asistió sin acreditación, mezclado en la abundante masa...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR