• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 8 de junio de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • día das letras galegas

    Así era como o contaba a miña avoa

    Porque a vida só se pode vivir unha vez, e iso é o que a fai tan marabillosa. Ou polo menos así era como o contaba a miña avoa, que naceu en Bouzas, cando falaba de por que nos apelidamos Moura
    Gabriel Romero de Ávila por Gabriel Romero de Ávila
    17 de May, 2023
    en Libros
    0
    Así era como o contaba a miña avoa
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Hai unha lenda na miña familia sobre por que nos apelidamos así. Contan que o apelido familiar é Moura porque realmente provimos dunha criatura máxica que habitaba nestas terras hai moito tempo, unha moura, como as chaman os galegos desde sempre. Bo, en realidade vivía en Domaio ata que ocorreu unha desgraza. Claro, como todas as lendas galegas, ten o seu punto de romanticismo e o seu punto de traxedia. É bonita e triste á vez.

    A miña avoa Mariña contaba que, hai séculos, os mouros gobernaban o mundo e trataban aos humanos como escravos para as tarefas máis míseras. Pero estes rebeláronse e cambiaron as tornas. Os mouros perderon a guerra e foron exiliados a un mundo subterráneo, un conxunto de cavernas que foron perforando século tras século e das que extraían ouro e pedras preciosas. Vivían ben, pero sempre odiaron aos humanos por arrebatarlles o mundo da superficie, e por iso dedicábanse a idear bromas pesadas coas que torturalos. Ensinábanlles os grandes tesouros que gardaban baixo terra e aproveitábanse da súa cobiza para metelos en leas. Algunhas trasnadas máxicas, tentacións ás que non podían dicir que non, fermosas damas que peiteaban os seus cabelos con peites de ouro e cantaban as súas penas cada noite… cousas así. Nas aldeas sempre che advertían contra as mouras, as vellas dicían que nunca fixeses caso dunha rapariga nova que atopases soa xunto a un camiño, ou que tiveses coidado se oías unha melodía moi doce que parecía saír de entre unhas pedras. As mouras representaban un antigo mal que seguía vivo e que nunca deixaría de odiar á humanidade polo que fixera.

    Alégrome de que polo menos a miña antepasada fose distinta ás demais. Contan que en Domaio, entre a ría e o monte, habitaban unha moura e o seu pai. Vivían en paz saltando entre pedras e nadando nas pozas. Ata o día en que ela se namorou dun humano, un mozo do lugar que a amaba da mesma forma.

    Sentíanse felices estando xuntos e non lles importaba máis que iso. Ela mostroulle as marabillas da natureza, as altas rochas, as profundas simas, os camiños secretos e a maxia dos bosques. Era unha co mundo, coa terra, coas árbores, os peixes e as aves do ceo. A cambio, el axudouna a cruzar a ría e ensinoulle o poboado onde se establecera a súa tribo, no alto do que hoxe é o monte do Castro. Desde alí dominaba toda a rexión e ata se podía ver o fogar da moura. Así era como a descubrira e entraralle a curiosidade de saber máis dela. O descubrimento foi incrible, como te podes supoñer, porque nunca imaxinaría unha existencia semellante. Os humanos afixéronse a transformar o mundo ao seu antollo, a labrar a terra, a tallar árbores, a pescar os peixes e capturar as aves do ceo. Levantaban muros para protexerse, tallaban figuras coas que adorar aos seus deuses e reuníanse cada noite para contar historias xunto a unha fogueira. A moura compartiu esa vida e, por primeira vez, descubriu o que significaba non ter só un pai, senón tamén unha familia.

    Así, os dous mozos amáronse perdidamente e crearon unha nova forma de vida. Todo o seu mundo eran eles, pero tamén é certo que aprenderon a ser felices en calquera recuncho do mundo en que se atopasen.

    Entón descubriunos o pai e a reacción non foi bonita. O mouro seguía odiando aos humanos, dos que pensou que o seguiran ata alí e querían arrebatarlle á súa filla. Furioso, afogou ao raparigo nesa mesma poza que fora o seu paraíso. A moura observouno sen poder facer nada, paralizada polo medo, e entón lanzouse detrás do seu amado e afogouse tamén. Pereceron ambos e alí segue o seu espírito, danzando para sempre entre as augas da poza.

    Pero… e isto é o que non conta a lenda pero si o contaba a miña avoa… desas mesmas augas saíu unha muller. Tiña os cabelos de ouro da moura e os seus ollos profundos como a ría, pero no seu corpo non había nin unha físgoa da maxia que dominaba o seu pobo. Era humana, enteiramente humana. A criatura decidira vivir unha existencia mortal e renunciar aos dons que lle correspondían por herdanza. O seu pai observouna arrepiado e ela díxolle:

    «De que serve a inmortalidade sen amor? Eu sentín o amor e iso é precisamente o que me fixo mortal».

    E entón ela cruzou de novo a ría e uniuse á que fora a súa familia humana, a que labraba a terra, tallaba as árbores, pescaba os peixes e capturaba as aves do ceo. E, a cambio, ensinoulles a amar o mundo tal cal é, a respectar a natureza, protexer aos seres vivos e valorar o paraíso en que estamos. Xuntos, aprenderon os uns dos outros, como pasou sempre nesta terra. E sempre houbo unha moura entre nós.

    Aprendemos dos gregos e dos fenicios, que viñeron a comerciar con estaño. Aprendemos dos romanos, que nos trouxeron calzadas e o uso do latín. Aprendemos das batallas contra os corsarios berberiscos e os ingleses, da dor dunha guerra entre irmáns, da necesidade de emigrar a terras estranxeiras e volver anos despois co aprendido alá lonxe. Que define a esta xente, senón a capacidade de ir polo mundo cos ollos abertos e quedar con todo para logo traelo? Que marca a esta cidade, senón o esforzo por seguir traballando, labrando a terra, tallando árbores, pescando peixes e capturando as aves do ceo?

    Pero, por baixo do pavimento, segue estando a praia. Por moi modernos que nos consideremos, aínda estamos ligados á terra, ao mar, ás illas, ao vento… Sentimos a música como unha forma de linguaxe e adoramos cantar, bailar e gozar cos nosos, aos que non vemos como persoas estrañas, senón como familia. Aínda hoxe, todas as xeracións reúnense e as avoas contan historias sobre unha moura que se namorou dun home e pola súa culpa quixo ser humana.

    Porque a vida só se pode vivir unha vez, e iso é o que a fai tan marabillosa. Ou polo menos así era como o contaba a miña avoa, que naceu en Bouzas, cando falaba de por que nos apelidamos Moura.

    Eu non creo que fose certo, claro está, pero de cando en vez gústame pensar que a miña familia axudou a levantar esta cidade desde o primeiro día. Que houbo unha Moura pelexando contra Francis Drake, viaxando con Jules Verne, axudando a publicar Cantares gallegos ou axitando un pano no porto para despedir a alguén que se ía ás Américas. Tamén habería unha na folga do 72 e vendo as luces de Nadal con Dinoseto. En fin, que estivemos en todo desde o principio, e non con maxia, senón con esforzo e traballo, que é o que nos gusta aos vigueses.

    E ti que?, cóntame algo de ti, que me estou comendo todo o tempo da cita coas miñas teimas. Pero espera, antes de que digas nada… Camareiro, outros dous chupitos de licor café! Que así é como se solta mellor a lingua…

    Tags: Día das Letras Galegas

    RelacionadosArtículos

    Atopei a placa dunha praza en castelán
    Opinión

    Atopei a placa dunha praza en castelán

    17 de May, 2023
    Galicia celebra o 17M con máis dun cento de actos en homenaxe a Francisco Fernández del Riego
    Libros

    Galicia celebra o 17M con máis dun cento de actos en homenaxe a Francisco Fernández del Riego

    16 de May, 2023
    Unha nova ruta por Vigo repasa a fonda relación da cidade coas letras galegas
    Libros

    Unha nova ruta por Vigo repasa a fonda relación da cidade coas letras galegas

    15 de May, 2023
    A UVigo rende homenaxe a quen foi o seu primeiro doutor honoris causa, Francisco Fernández del Riego
    Local

    A UVigo rende homenaxe a quen foi o seu primeiro doutor honoris causa, Francisco Fernández del Riego

    15 de May, 2023
    Un mural con las mejores expresiones gallegas y la bandera de Galicia celebrará el 17 de mayo en Vialia Vigo
    Local

    Un mural con las mejores expresiones gallegas y la bandera de Galicia celebrará el 17 de mayo en Vialia Vigo

    15 de May, 2023
    Fernández del Riego, "puente" entre generaciones e ideologías y "defensor incansable" de la cultura gallega
    Libros

    Fernández del Riego, «puente» entre generaciones e ideologías y «defensor incansable» de la cultura

    30 de Abr, 2023

    Más Vistos

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    por David Lorenzo
    06 de Jun, 2023
    0

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    por Redacción
    06 de Jun, 2023
    0

    La venta de entradas para los conciertos de Castrelos vuelve a encallar: Vigo no encuentra plataforma online

    La venta de entradas para los conciertos de Castrelos vuelve a encallar: Vigo no encuentra plataforma online

    por David Lorenzo
    01 de Jun, 2023
    0

    Caballero avisa a la Deputación de Pontevedra sobre la grada de Gol: “Es un derecho de Vigo y lo voy a exigir”

    Caballero avisa a la Deputación de Pontevedra sobre la grada de Gol: “Es un derecho de Vigo y lo voy a exigir”

    por Redacción
    02 de Jun, 2023
    0

    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”

    por David Lorenzo
    06 de Jun, 2023
    0
    La promotora de Guns N’ Roses prevé una “pérdida millonaria” en Vigo pero promete un concierto “espectacular”
    Música

    El concierto de Guns N’ Roses en Vigo sigue adelante y la promotora Live Nation, que gestiona la gira del

    Leer mas

    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla

    por Redacción
    06 de Jun, 2023
    0
    Alcampo abre en Vigo un nuevo supermercado con aparcamiento y 14 personas en plantilla
    Local

    Vigo cuenta desde este martes con un nuevo supermercado de una de las firmas con mayor presencia en la ciudad:

    Leer mas

    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025

    por David Lorenzo
    07 de Jun, 2023
    0
    El mantenimiento de ascensores, escaleras mecánicas y rampas en Vigo costará 850 euros al día hasta 2025
    Local

    El contrato lanzado en 2019 por el Concello de Vigo para ocuparse del mantenimiento de los elementos mecánicos pertenecientes al

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR