• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 23 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FRANCISCO CASTRO, DIRECTOR DA EDITORIAL GALAXIA

    «A volta do verán ten que ser o momento en que Vigo demostre o seu liderazgo cultural unha vez máis»

    Octavio Beares entrevista para VIGOÉ a Francisco Castro, director de Galaxia, que fala sobre os efectos do coronavirus na actual tempada literaria e sobre o futuro do sector do libro en xeral, en Galicia e na contorna da nosa cidade
    Octavio Beares por Octavio Beares
    09 de May, 2020
    en Covid-19, Libros
    0
    «A volta do verán ten que ser o momento en que Vigo demostre o seu liderazgo cultural unha vez máis»

    Francisco Castro, director de Galaxia. / Foto: Sonia Daponte

    A crise do coronavirus e o confinamento decretado polo Estado de Alarma o 14 de marzo supuxo un golpe moi importante para unha industria como a do libro. Conversamos o pasado 6 de maio con Francisco Castro (Vigo, 1966), director xeral de Editorial Galaxia e autor de novelas como Tantos anos de silencio, Iridium ou Chamádeme Simbad.

    E conversamos, como non pode ser doutra maneira nestes tempos incertos, sobre os efectos do coronavirus na actual tempada literaria e sobre o futuro do sector do libro en xeral, en Galicia e na contorna da nosa cidade.

    –Supoño que é case unha pregunta retórica preguntarlle ao director dunha editorial sobre o golpe inicial que supuxo a crise do COVID-19 para o sector literario, en pleno mes de marzo…

    -O golpe é apocalíptico, se hai que buscarlle un adxectivo. É a peor situación, no pesadelo máis difícil non chegaríamos a imaxinalo. Levamos dende mediados de marzo con librerías e colexios pechados e o noso mercado son as librerías e o ensino. E estamos a primeiros de maio, así pois levamos dous meses sen ingresar literalmente un céntimo, e gastando. O plan de edición saltou polos aires, os libros de abril e maio non están feitos.

    Ademais como dis, o problema das datas: se isto sucede en xaneiro, igual se notaba menos, pero agora perdemos o Día do Libro que sempre supón unha facturación grandísima, e perdemos a campaña do Día das Letras Galegas. Aínda que o Día das Letras Galegas se pasará por parte da Academia a outubro obviamente non vai ser o mesmo, a xente ten interiorizado maio como un mes de festa literaria.

    O golpe é brutal, as empresas editoriais, todas, tiveron que caer nun ERTE. E agora intentamos imaxinarnos o futuro pero o futuro tamén pinta feo. Non sabemos como vai reaccionar o público lector, as librerías poden abrir pero mantendo as distancias de seguridade entre os clientes… iso fai que moitas librerías que son negocios familiares en Galicia soamente podan ter un cliente de cada vez. Eu vexo dende a fiestra un supermercado con xente facendo cola na entrada, colas na panadería, pero a xente fai cola nunha librería? Na librería mercábamos porque folleábamos, mirábamos páxinas… obviamente entendemos que o que ven vai ser un escenario feo.

    «Vexo dende a fiestra un supermercado con xente facendo cola, pero a xente fai cola nunha librería?»

    Ademais, para os editores outra cuestión fundamental no proceso de edición e comercialización son os actos. Cada dous, tres dias da semana en algún lugar de Galicia había unha presentación dun libro, o cal cunha boa cobertura mediática, movía a moita xente, e tamén ventas. Todo isto vai desaparecer.

    Vexo que o horizonte, e mira que estás a falar cun optimista compulsivo, se presenta absolutamente escuro. Nós este ano perdemos a feira de Bolonia, eu agora mesmo debería estar volvendo dende Bos Aires cara a España. Frankfurt penso que vai caer tamén… lugares onde podes adquirir cousas importantes e incorporar as túas novidades noutros mercados…

    -É importante entender que o traballo dun editor tamén pasa por este tipo de eventos, nos cales o editor coñece o panorama literario actual, contacta con posibles compradores do seu catálogo e mesmo investiga o que hai para poder captar posibles traducións.

    -Exacto.

    -Neste panorama de parálise global, os editores aliáronse coas tecnoloxías, promovendo encontros virtuais con autores e ofrecendo mostras do seu catálogo compartidas en redes sociais. Cal é o papel que coidas que xogou a cultura e concretamente a literatura durante o confinamento?

    -Todos aqueles que cualifican así en xeral ás persoas da cultura de «titiriteiros», que algún hai por alí que o fai, se decatarían durante este confinamento da importancia da cultura. Porque está moi ben estar en casa, estar protexidos, pero ao final poñíamos un telediario e o que víamos era un cantante nun balcón, un poeta recitando una poesía, un escritor liberando tres relatos da súa produción, as editoriais… mesmo Galaxia fixo accións de este tipo, concentrando vídeos de autores lendo fragmentos das súas obras. Ou como fixemos a semana pasada, recomendando libros e lendo fragmentos de libros doutros autores. Tamén facemos clubs de lectura a través de zoom, fixemos un encontro con autoras e autores como Inma López Silva, Gonzalo Hermo…

    Eu intúo que isto veu para quedarse, antes eran fórmulas anecdóticas pero agora vai ser así. A miña novela presentouse hay pouco no Corte Inglés con 90 persoas, ben, pois agora teremos que pensar que non nos vamos poder ver fisicamente en tempo. Este tipo de presentacións virtuais van a xeneralizarse.

    «Fixen máis vídeo conferencias durante os últimos quince días que durante toda a miña vida enteira»

    –En Galaxia, ou ti mesmo en tanto que escritor ben coñecido, recibistes feedback dos lectores a través das vosas redes sociais ou destas iniciativas?

    -Sen dúbida, eu fixen máis videoconferencias durante os últimos quince días que durante toda a miña vida enteira, e non é una frase feita! Na semana pasada tiven un club de lectura a través de Duo con lectoras de Vigo, todas mulleres. Eu a fixen dende o salón da miña casa e tivemos hora e pico de charla. O domingo participei nun acto dunha universidade catalá a través dun directo de Instagram, con lectores e lectoras que facían preguntas por escrito que a moderadora me trasladaba. Así que si, o feedback sentiuse con forza.

    -Se queremos buscar algo positivo a esta crise podémolo atopar nas estatísticas. Parece ser que o índice de lectura segundo a axencia EFE subiu un 4% durante este confinamento no noso país. Pode o sector editorial entender este brote como un punto de apoio positivo para a nova posta en marcha do sector, que casi parte de novo de cero ou de moi baixo?

    -Obviamente a lectura, como a música ou as series e o entretemento, foi un apoio. O que pasa é que esa enquisa, que é certa, se contesta con outra que di que as vendas de libros baixaron no estado español un 80%. A xente o que fixo foi tirar do que tiña na casa, non mercar on line, que era unha opción posible. A xente mercou cousas en liña, pero non libros. Esa subida do 4% non implica novos lectores senón que os que xa o eran tiveron máis tempo para ler. Oxalá a noticia foxe que un 4% de persoas que non lían agora son lectores, sería fantástico, porque iso quere dicir que temos máis potenciais compradores… pero non foi iso, a xente tirou do que tiña.

    «A xente o que fixo foi tirar do que tiña na casa, non mercar on line, que era unha opción posible. A xente mercou cousas en liña, pero non libros»

    –Nun panorama de desescalada paulatina e lenta, na que como xa dixeches feiras e eventos se van ver moi mermados, estanse a pensar estratexias, exponse novas ideas ou alternativas a eses puntos quentes de venda tradicional como as feiras do libro?

    -O noso plan de edición como te comentaba antes saltou polos aires e moitas das novidades programadas para 2020 van ter que ser publicadas no 2021. Outros editores como Planeta o Penguin Random House comentaban exactamente o mesmo, que a política de edición vai ser conservadora, o que non podemos agora é manter o plan de edicións como está, metendo oitenta libros de golpe nunha librería.

     Dito isto efectivamente o departamento de Comunicación e mais a Dirección estamos elaborando novas estratexias para este novo mundo, novo mundo que ninguén sabemos como vai ser. Pensamos como te contaba antes que as presentacións manterán una pantalla polo medio, que todo o feito estas semanas ten un matiz de ensaio de cara ao futuro. A dúbida é si estas iniciativas, que funcionan moi ben, vanse traducir en ventas. Non está comprobado que sexa así. Nunha plataforma como Duo o Webinar de pronto tes a oitenta persoas asistindo ao teu evento, o que está moi ben, pero hai que ver se esa actividade tradúcese en vendas, se encargan o libro na librería…

    -Claro, ter diante e firmando o libro é diferente, e traballamos con verdadeiras incógnitas… De cara a este futuro-incógnita: vaise colaborar con autoridades como as alcaldías das grandes cidades galegas? Trabállase nalgún plan coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia?

    -Mañá pola tarde (por este xoves) estamos convocados os profesionais da cultura nun encontro coordinado polo conselleiro para falar precisamente destas cousas. A través da asociación de editores pasáronselle xa unha serie de propostas e ideas para que a consellería as contemple. E estamos a ver se estas ideas se implementan.

    O sector está moi preocupado, tanto editores como asociacións de escritores e escritoras. Fixémoslle chegar á Consellería o que nós pensamos que se pode facer para que o impacto fose amortecido o máis posible… porque o golpe xa o recibimos, agora hai que ver o tamaño do airbag.

    -A Alcaldía de Vigo parece comprometerse coa cultura con reunións e tamén abrindo portais virtuais… o subsolo cultural de Vigo é moi activo… Pode ser a nosa cidade un lugar dinamizador para a cultura no período posterior a esta crise?

    -Eu estou convencido de que si. Convencido non, eu estou convencidísimo de que vai ser así. Sobre todo porque sempre foi así!, Vigo é a capital editorial de Galicia por algo, non somos capital de provincia, nin de Galicia como é Santiago. Pero Xerais está aquí, Ir Indo Edicións está aquí, Galaxia estamos aquí, a Fundación Penzol está en Vigo e as grandes iniciativas relacionadas co libro en Galicia sempre estiveron arredor de Vigo. Pero quen fala do libro fala da música, aquí sempre houbo un movimiento musical super potente, e non hai agora menos grupos en Vigo que nos oitenta, o que pasa é que non está o foco mediático posto con tanta atención como estivo hai 40 anos… eu estou convencido de que a nada que o Concello sexa cómplice, e estou convencido de que vai ser cómplice, podemos facer grandísimas cousas nesta cidade. Coido que a volta do verán ten que ser o momento en que Vigo demostre o seu liderazgo cultural unha vez mais.

    -Estou moi de acordo… os grandes eventos internacionais non van poder ser este ano, e penso efectivamente que o futuro está no noso propio caldo de cultivo, que é excepcional. Ben, non quero deixar de falar especificamente dos plans inmediatos de Galaxia, unha das editoriais máis comprometidas coa cultura galega e que acaba de cumprir sete décadas. Que novas da editorial no que resta de ano podemos adiantar?

    «Deume tempo de rematar unha novela policial, que espero que vexa o ano que ven a luz»

    -Os plans inmediatos son a reformulación do plan de edicións para facer algo realista dada a situación. Haberá unha parte que non se toca, emblemática, que son as publicacións relacionadas coa Xeración Nós, porque Galaxia estamos de setenta aniversario pero é o centenario da Xeración Nós. Estamos traballando nunha biblioteca relacionada coa Xeración Nós e os títulos que estaban programados van saír, sen dúbida.

    -Tamén me gustaría preguntarlle ao Francisco Castro escritor, ao creador. Un confinamento como o que estamos a vivir pode axudar á creatividade, ou todo o contrario, como estás a vivir esta crise en tanto que creador de historias?

    –No caso dos escritores o confinamento foi a posibilidade de ter o que non temos e do que sempre nos queixamos: tempo. A min, valga a redundancia, deume tempo de rematar unha novela policial, que espero que vexa o ano que ven a luz, e mais de escribir o meu primeiro libro de autoficción, que fixen duna sentada, escrito dunha maneira frenética… Pero claro, tiña moito tempo! O día o día a día parece programado para que crear sexa complicado, porque a creación require de certo sosego, e un mundo basicamente organizado para conseguir uns cartos mínimos cos que vagamente sobrevivir nos impide manter a calma para escribir. Isto foi como se a un métenlle en prisión uns anos…  polo menos un libro pode  saír!

    43

    Tags: coronavirusCovid-19Editorial GalaxiaFrancisco CastroVigo

    RelacionadosArtículos

    Carpetazo (otra vez) a la causa de O Marisquiño que libera de «responsabilidad penal» a Concello y Puerto
    Local

    Carpetazo (otra vez) a la causa de O Marisquiño que libera de «responsabilidad penal» a Concello y Puerto

    23 de Jul, 2025
    A Uvigo lanza os Premios Alumni para incentivar a relación co seu antigo alumnado
    Local

    Caballero no renuncia a Medicina pese al convenio «secreto» firmado por la Xunta y la USC: «Vigo va a dar la batalla»

    23 de Jul, 2025
    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo
    Local

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    23 de Jul, 2025
    Detenido en Vigo un vecino de Caldas tras romper la mandíbula a un motorista por una discusión de tráfico
    Sucesos

    Detenido en Vigo un vecino de Caldas tras romper la mandíbula a un motorista por una discusión de tráfico

    23 de Jul, 2025
    Vigo vive una jornada de verano con casi 30 grados
    Local

    El Concello remata el contrato y Vigo tendrá chiringuitos de playa hasta 2028: esta semana abre el de Alcabre

    23 de Jul, 2025
    César Portela retomará, 15 años después, la reforma del Fraga
    Local

    César Portela retomará, 15 años después, la reforma del Fraga

    23 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Caballero: «Dentro de muy pocas semanas tendremos en Vigo la noticia del siglo: se aprueba el PXOM»

    por Redacción
    21 de Jul, 2025
    0

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    por Andrea Mariño
    21 de Jul, 2025
    0

    La apuesta del parque forestal más antiguo de Vigo: quiosco, aseos y asadores todo el verano

    La apuesta del parque forestal más antiguo de Vigo: quiosco, aseos y asadores todo el verano

    por Andrea Mariño
    16 de Jul, 2025
    0

    Una inmobiliaria y dos gigantes de la pesca de Vigo transformarán Beiramar en una gran zona residencial

    Una inmobiliaria y dos gigantes de la pesca de Vigo transformarán Beiramar en una gran zona residencial

    por Andrea Mariño
    18 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un túnel secreto de Vigo que se pierde
    Más Vigo

    Un túnel secreto de Vigo que se pierde

    En una de esas casas que se observan en la fotografía existe un antiguo túnel que asciende hasta lo alto...

    por Julio Alonso
    23 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Somos los más educados… ¡del mundo!
    Opinión

    Somos los más educados… ¡del mundo!

    La plataforma online británica Preply ha hecho una encuesta a mas de 1.500 personas en 19 territorios de nuestro país....

    por Fernando Torres Carbajo
    12 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR