A mostra presenta unha breve selección de obras de arte cuxo tema é a cidade de Vigo e a súa contorna entre, aproximadamente, os anos 1830 e 1930. Obras na súa maioría de autores practicamente descoñecidos polo gran público, con vistas e paisaxes que tampouco resultaranos doadas de identificar de tanto como transformou a cidade no seu desenvolvemento.
A vista máis antiga é un valiosísimo documento para a historia local. Trátase dun gravado publicado en 1848, feito a partir de debuxo realizado polo, célebre en Portugal, Barón de Forrester. Representa a estampa un día de feira na Praza da Constitución, coa variada veciñanza que concorre a ela: vendedoras, campesiños, frades franciscanos, etc.
A exposición estará aberta ao público ata o 27 de setembro de 2015.