• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    exposición

    Velloso reivindica con «Expresiomixta» á muller galega desde a Sala Rosalía de Vigo

    A sede da Deputación en Vigo estrea a súa programación anual coa mostra pictórica do artista cangués Raúl Velloso
    Redacción por Redacción
    12 de Ene, 2022
    en Exposiciones
    0
    Velloso reivindica con «Expresiomixta» á muller galega desde a Sala Rosalía de Vigo

    Raúl Velloso mostra as súas obras. / Foto: Deputación

    Arte, música e feminismo fusionáronse este mércores na apertura da exposición pictórica “Expresiomixta”, de Raúl Velloso, coa que a sede da Deputación en Vigo estrea a súa programación anual. A Sala Rosalía de Castro tínguese de cor e de reivindicación da muller galega nesta mostra que amosa a esencia da arte de Velloso e que poderá visitarse ata o 27 de febreiro e que, como subliñou a presidenta provincial Carmela Silva “é unha perfecta homenaxe á muller da man dun home feminista”. O acto, que reuniu na sala a representantes das distintas disciplinas culturais da cidade, contou coa actuación en vivo do dúo de percusión formado por Noelia Leite e Marcela Porto.

    A mostra reúne unha trintena de obras nas que o artista Raúl Velloso, (Cangas, 1965), enxalza o papel da muller galega, alén da muller no mundo, fóra dos tradicionais estereotipos femininos ao longo da historia da arte. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que non puido ser máis acertada a elección desta proposta para abrir a programación anual da sede de Vigo, que no primeiro semestre xa ten pechadas seis exposicións, tanto pola súa calidade como polo seu carácter reivindicativo da igualdade. “Precisamos que homes como Raúl Velloso nos acompañen nesta loita das mulleres –subliñou-, que é a loita máis xusta no mundo. Hoxe reivindicamos que a muller por fin está a ser recoñecida no mundo da arte, pero que aínda que como en todos os campos quédanos moito por facer para acadar a plena igualdade”.

    🖼️ Inauguramos a primeira exposición do ano na nosa sede en Vigo: #Expresiomixta! Raúl Velloso reivindica o papel da muller galega con 30 obras pictóricas a toda cor, fóra dos tradicionais estereotipos femininos da arte. Un canto á xustiza e á igualdade de oportunidades 💜 pic.twitter.com/B4syYnHF7G— Deputación Pontevedra (@depo_es) January 12, 2022

    A presidenta provincial destacou o emprego da cor característico da obra de Velloso “para dar aínda máis luminosidade a esta loita” e puxo en valor a dilatada traxectoria deste creador “tan potente e referente desta provincia, que descubrira a súa vocación nos anos 90 cando residía en Barcelona e fora descuberto por Antoni Tàpies, quen durante anos lle ensinou na súa propia casa as técnicas de pigmentos, texturas e da cor que o artista ten convertido no seu estilo característico”. De feito, apuntou Carmela Silva, “hai que subliñar que foi o único creador que pintou no estudo de Tàpies e traballou ao carón del durante anos”

    Na inauguración, o creador cangués Raúl Velloso sinalou que “inspireime en todas e cada unha das mulleres que asoman nestes cadros, no seu día a día, no seu traballo, na súa loita ou no ocio, para traer unha exposición contundente, forte e reivindicativa. Foi un proceso onde pretendín encher de cor e luminosidade a alma da muller galega. A muller relegada a roles secundarios, coidando a casa, o campo e a familia, pero hoxe reivindicando un papel principal que antes non se vía recoñecido”.

    Neste senso Velloso citou en concreto o “xusto avance do papel da muller” nos últimos anos no mercado da arte. “Hai trinta anos vendía cadros, e maioritariamente o traballo duro das galerías estaba a cargo das mulleres, pero as presidían homes –sinalou-. Os recoñecementos nas entregas de premios e nas entrevistas eran para os homes. Nos medios só se falaba de coleccionistas e galeristas masculinos. Os compradores eran maioritariamente homes e a muller acompañaba ao seu esposo ou tiña que pedir permiso para adquirir unha obra e poucas veces decidía por si mesma. Hoxe as galerías están en mans de mulleres e homes, as mulleres tamén as xestionan e son a cara visible, as dirixen, asinan os contratos coas feiras, negocian condicións, buscan artistas. O papel da muller tamén cambiou afortunadamente como compradora. Ten gañado independencia e rompeu o complexo mental para prescindir da bochornosa necesidade de pedir permiso ao seu marido para comprar”.

    Na súa obra, que os vigueses poderán desfrutar na sede da Deputación ata finais de febreiro, Velloso semella contemplar a realidade como a través dun espello deformador, que expande os volumes, ondula as liñas e caricaturiza a realidade. O artista cangués ten exposto nas feiras de arte máis prestixiosas do mundo, como a Art Basel Miami, Art Basel Switzerland ou Arco en Madrid, amais de en prestixiosas galerías de Barcelona, Madrid, Chicago, Kyoto, Berlín, Xénova ou Londres, alén de Galicia.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraRaúl VellosoSala Rosalía

    RelacionadosArtículos

    Local

    Caballero sigue reclamando fondos para reformar Balaídos pero «no ha enviado ni un papel»

    04 de Feb, 2026
    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR