• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 3 de febrero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Os estudantes de Belas Artes de Vigo: da facultade ao MARCO

    A mostra evidencia o talento do alumnado e poderá visitarse desde o 7 de outubro ata xaneiro
    Redacción por Redacción
    07 de Oct, 2022
    en Exposiciones
    0
    Os estudantes de Belas Artes de Vigo: da facultade ao MARCO

    Os estudantes de Belas Artes presentan a súa obra no MARCO. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A finais de 2021, a Universidade de Vigo e a Fundación MOP (unha iniciativa cultural de Marta Ortega) asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de promover a arte emerxente en Galicia a través de Future Stories, un proxecto ao que se destinarían os ingresos pola exposición Peter Lindbergh: Untold Stories, a través da venda de merchandising. Tras o gran éxito da mostra, o proxecto permitiu ofrecer ao alumnado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo dez bolsas de 4000 euros para o desenvolvemento de proxectos artísticos a partir dos seus traballos de fin de grao.

    A convocatoria tamén prevía que os resultados dos proxectos artísticos do alumnado se reunisen posteriormente nunha exposición colectiva nun espazo museístico de referencia, como é o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), que deste este venres acolle nas salas do seu primeiro andar a exposición Future Stories, o resultado final dun proxecto, que tiña o obxectivo principal de impulsar as carreiras profesionais dos novos titulados e tituladas en Belas Artes e recoñecer o seu potencial. 

    Antía Encisa, Carmen Suárez, César Souto, Elsa Bouzas, Juncal A. Castro, Laura Cid, Lucía Perdiz, Raquel Álvarez, Sandra Gutiérrez e Xoel Gómez son os dez artistas que amosan as súas obras en Future Stories, logo de seren seleccionados por un xurado composto polo decano da Facultade de Belas Artes, Xosé Manuel Buxán; as profesoras María Covadonga Barreiro e Chelo Matesanz; o crítico de arte Ramón Rozas; o director do Marco, Miguel Fernández-Cid e a Fundación MOP como promotora do proxecto. A orixinalidade das propostas, o seu interese conceptual e temático e a calidade formal e técnica das obras, foron os criterios nos que se baseou o xurado para realizar a selección das obras que conforman esta mostra, que os seus promotores consideran un proxecto de acompañamento a novos artistas para impulsar o inicio da súa carreira profesional.

    Na presentación da mostra, que tivo lugar este mediodía no Marco, o decano da Facultade de Belas Artes da UVigo, Xosé Manuel Buxán Bran, agradeceu a implicación e o traballo desenvolvido por todas as persoas implicadas nunha experiencia totalmente nova para o centro. Buxán destacou que Inditex “fiara todo á Belas Artes e concretamente en reivindicar ao seu alumnado”, do que destacou a calidade do seu traballo, que obrigou ao xurado “a darlle moitas voltas” á hora de seleccionar os dez proxectos que acadaron as bolsas. No mesmo sentido, o director do Marco, Miguel Fernández-Cid, agradeceu os apoios de todas as institucións e entidades que fixeron posible a posta en marcha “dun proxecto moi ben formulado” e que, asegurou ao museo lle fixo un favor, “organizando unha mostra colectiva”. Pola súa banda, o concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Abel Losada, defendeu a colaboración das institucións para poñer en marcha iniciativas coma esta , ao tempo que reivindicou a existencia de espazos de liberdade de expresión, como a Facultade de Belas Artes, “nun momento que está seriamente ameazada. Hai que resistir, parece que todo está feito, pero non é así”, dixo o edil.

    As e os artistas e as súas obras 

    Future Stories será, ata o 8 de xaneiro de 2023, o  espazo de convivencia de dez proxectos artísticos desenvolvidos a partir de Traballos Fin de Grao con múltiples linguaxes e disciplinas, que amosan a disparidade de intereses do alumnado de Belas Artes. Así, Antía Encisa González en Buscándome fóra de min propón unha obra que parte da consideración de que a autopercepción vese alterada pola era dixital na que vivimos. Desta maneira, quen observa a súa obra navega a través de diferentes soportes, que revelan un autorretrato contado a través de imaxes e textos apropiados, nunha instalación multidisciplinar que combina vídeo, fotografía, collage, autoedición e bordado, na busca dunha autodefinición desde unha perspectiva non binaria e disidente de xénero, explica. O proxecto de Carmen Suárez Marcos, O olvido na mente, a memoria no corazón, pola súa banda, intenta afondar nas conexións coas mulleres da súa contorna para así chegar a comprender a súa identidade individual e como esta se relaciona coa súa propia. Mentres, a obra Figuras, de César Souto Rodríguez, nace en equilibrio entre o desexo de expresión corporal e unha profunda poética da ausencia, segundo explica. Trátase dunha serie de pinturas de gran formato sobre tea sen bastidor cuxa formalidade abstracta acolle un diálogo no que conviven o tempo, o amor, o corpo e identidade. 

    Intimidade compartida, o proxecto de Elsa Bouzas, rastrexa no fogar a subxectividade persoal dos recunchos máis íntimos do mundo que habitamos, intentando traspasar as fronteiras entre o que está dentro e fóra de nós, nunha obra que propón repensarnos como parte dun sistema vivo, complexo e interconectado. Juncal A. Castro, pola súa banda, suma a esta exposición Relatos de la memoria, unha reflexión, por medio da práctica artística, sobre a dimensión física dos recordos e como a memoria se ancora e relaciona cos espazos nos que vivimos, Na súa peza, a artista combina diversas técnicas e formas de facer propias da pintura e a escultura, para falar dunha forma de mirar ao pasado individual e colectivo, apuntan desde a organización da exposición. 

    Nesta combinación de traballos de diferentes disciplinas, Laura Cid Rascado presenta en Un día 2022,unha historia sinxela, ausente de palabra, onde o protagonista, un oso preguiceiro, analiza os seus arredor e descobre o benestar e a tranquilidade que transmiten eses paisaxes, en compaña das persoas que máis aprecia. Por outra banda, obxectos cotiáns pertencentes ao fogar mestúranse con materiais reciclados e restos industrias en Errare humanum est…, de Lucía Perdiz, un conxunto de obras que xiran en torno ao concepto de mobilidade territorial. Do mesmo xeito, o concepto de refuxio como un lugar de abrigo segredo e seguro son abordados por Raquel Álvarez en Encontros e agochos. O seu proxecto desenvólvese a partir da construción dunha cabana tecida, que evoca ese espazo protector e a través dun imaxinario persoal, apélase aos sentidos coa elección de cores vibrantes e texturas suaves e cálidas, nunha reflexión sobre o sentido de habitar.

    Sandra Gutiérrez Aldao, pola súa banda, parte en Memorias antropomórficas da tradición de que todas as mulleres da súa familia teñen o seu xardín para crear o seu propio, nunha obra na que se interesa polas capas ocultas da visión que lle achegan estes xardín. Finalmente, este compendio de traballos artísticos nacidos como TFG complétase con Carne: transitando o eu, o proxecto centrado na performance que Xoel Gómez López presenta como unha viaxe pola construción da identidade propia que parte dun proceso persoal de transición e reafirmación como persoa non binaria. 

    Tags: Bellas ArtesMARCOUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial
    Local

    La UVigo quiere una residencia estudiantil en Pontevedra y valorará las posibilidades del Provincial

    31 de Ene, 2023
    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society
    Ciencia y Tecnología

    O catedrático da UVigo Martín Llamas Nistal, novo presidente da IEEE Education Society

    26 de Ene, 2023
    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores
    Local

    A UVigo concede 17 axudas que impulsan o nacemento dunha nova xeración de emprendedores

    25 de Ene, 2023
    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo
    Local

    O químico ruso Nicholas A. Kotov converterase no 29º doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

    24 de Ene, 2023
    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial
    Local

    A UVigo alíase con Telespazio para impartir un mestrado dual pioneiro en España en tecnoloxía xeoespacial

    23 de Ene, 2023
    El Consello da Cultura Galega organiza una sesión en Vigo para analizar la obra del pintor Guillermo Monroy
    Arte

    El Consello da Cultura Galega organiza una sesión en Vigo para analizar la obra del pintor Guillermo Monroy

    23 de Ene, 2023

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    Navia crece más allá del PAU: nuevo edificio de 38 viviendas en condominio con solarium y piscina

    por Redacción
    29 de Ene, 2023
    0

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    La plantilla de Vitrasa denuncia sanciones “desproporcionadas” por temas “sin importancia”

    por David Lorenzo
    01 de Feb, 2023
    0

    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    Un vigués sale ileso tras empotrarse contra la plaza de América y dar positivo en alcohol
    Sucesos

    Un conductor, natural de Vigo y de 31 años de edad, ha quedado investigado como presunto autor de un delito

    Leer mas

    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses

    por Redacción
    02 de Feb, 2023
    0
    El Concello de Vigo pide a la Xunta que “devuelva” los terrenos de la antigua estación de autobuses
    Local

    El Concello de Vigo quiere disponer de las parcelas en las que se construyó en su día la antigua estación

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR