O traballo do fotógrafo vigués Miguel Núñez, colaborador de VIGOÉ, chega este venres (12:30 horas) a Aula D (Rúa Ourense, 4, praza interior, Vigo) cunha charla coloquio na que contará a súa experiencia na fronteira entre Grecia e Macedonia durante os meses de abril e maio deste ano. As súas imaxes estarán expostas ata finais do mes de novembro.
Miguel Nuñez é fotógrafo freelance con aspiracións como documentalista. Ven do fotoperiodismo local onde traballou e colaborou en xornais como Faro de Vigo, Que, 20 minutos, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Galicia Confidencial, VIGOÉ… Tamén colabora coa ONG Agareso.