07122019Sáb
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 9am

Vigo saca a rúa a historia de "Rande, unha ponte entre dous séculos"

Unha mostra gráfica no Príncipe percorre a singularidade dunha infraestrutura que "cambiou a historia de Galicia"

13 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Foto de familia dos premiados e autoridades. / Foto: vigo.org Foto de familia dos premiados e autoridades. / Foto: vigo.org

A rúa do Príncipe convértese por uns días na memoria gráfica de posiblemente a infraestructura que causou unha maior revolución na vida dos habitantes da comarca de Vigo nas últimas décadas. A mostra sobre a Ponte de Rande pode ser visitada xa no centro da cidade despois da inauguración na que foron entregrados os premios aos fotógrafos gañadores do concurso.

A exposición "Rande, unha ponte entre dous séculos" resume en imaxes na rúa Príncipe a historia da ponte que cruza a ría de Vigo desde a súa concepción ata a actualidade. A mostra inclúe bocetos, planos, imaxes históricas e as fotografías gañadoras do concurso convocado pola Autopista do Atlántico.

Ricardo Grobas, como mellor fototografía profesional, e Álvaro Rodríguez 'Purre', como mellor fotografía de afeccionado, recibiron este venres en Vigo os premios Autoestrada do Atlántico 2019. As imaxes de ambos os dous fotógrafos e outros 23 seleccionados exhíbense ata fin de mes no centro cultural Nacional de Nova York, aínda que unha reprodución das dúas imaxes gañadoras forma parte da exposición ao aire libre da rúa do Príncipe de Vigo, inaugurada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.

Grobas e Purre recolleron as súas distincións e premios en metálico por importe de 4.000 euros, outorgados por Autoestradas do Atlántico e entregados pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. O acto de entrega dos premios realizouse durante a presentación da exposición organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, que se exhibe na rúa do Príncipe ata o 18 de setembro (diante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo).

"Cambiou a historia de Galicia"
Abel Caballero asegurou que a obra "cambiou a historia de Galicia, transformou este país e pasouno da antigüidade á modernidade" e trasladou o seu "recoñecemento" a todos aqueles que o levaron adiante. Recordou o alcalde que en 2007 lanzouse a ampliación de Rande nun acto co anterior presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a entón conselleira e hoxe edil de Urbanismo, María Xosé Caride, e do propio Abel Caballero á fronte da Alcaldía.

"A todas luces, a Xunta traballa por Vigo"
Pola súa banda, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asistiu hoxe á inauguración da exposición Rande, unha ponte entre dous séculos, na que salientou que o simbolismo deste viaduto se verá reforzado cunha iluminación ornamental que o converterá nunha referencia internacional. Vázquez Mourelle destacou “que a todas luces, a Xunta traballa e inviste para que Vigo progrese".

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos