25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Ampliado o prazo para coñecer a historia da Escola de Artes e Oficios de Vigo

O Concello prorroga a exposición ata o 4 de outubro debido á gran demanda de visitantes

21 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A mostra "A Escola de Artes e Oficios. 130 anos de historia (1886-1976)" xa recibiu preto de 2.000 visitantes. Imaxes: EMAO A mostra "A Escola de Artes e Oficios. 130 anos de historia (1886-1976)" xa recibiu preto de 2.000 visitantes. Imaxes: EMAO

Arredor de 2.000 persoas visitaron xa a mostra sobre a historia da Escola de Artes e Oficios  Vigo, aberta desde o 7 de xuño. A alta demanda de visitantes levou ao Concello a prorrogar a mostra ata o 4 de outubro, se ben en agosto permanecerá pechada.

Máis oportunidades para coñecer o labor desenvolvido pola Escola de Artes e Oficios de Vigo nos seus máis de 130 anos de vida. O Concello de Vigo vén de ampliar o prazo de apertura desta exposición, que nun principio ía pechar o 19 de xullo, atá o 4 de outubro.

O Concello de Vigo decidiu que a exposición "A Escola de Artes e Oficios. 130 anos de historia (1886-1976)" continúe aberta ata o vindeiro mes de outubro debido á gran demanda de visitantes. A mostra, aberta o 7 de xuño (laborables de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas) e que estará pechada durante o mes de agosto, xa recibiu case 2.000 persoas.

Segundo explica o Concello nun comunicado, o obxectivo da mostra é amosar e analizar o desenvolvemento histórico da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo dende a súa creación en 1886 ata o ano 1976. Con isto quérese demostrar a estreita relación e o papel esencial da EMAO no desenvolvemento urbano, arquitectónico, industrial e cultural de Vigo.

No ano 2016 a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) cumpriu 130 anos. Ininterrompidamente dende a súa creación en 1886 vén desenvolvendo un importante servizo de carácter educativo e sociocultural á poboación da nosa cidade.

A exposición percorre a historia desta institución dende o seu nacemento ata os os fins da Ditadura.

Desde 1886

Segundo se pode coñecer na propia exposición, no ano 1886 un grupo de ilustres cidadáns, nomeadamente Eduardo Chao, Eugenio Montero Ríos, Augusto Bárcena, Manuel Diego Santos, convencidos de que o grande pulo social e industrial de Vigo sería imposible sen unha acción sistemática e organizada de formación cultural e profesional das súas clases traballadoras, deciden impulsar e crear en Vigo a Escola de Artes e Oficios(EAO).

Comeza así a desenvolverse un ambicioso programa de estudos dirixido á capacitación básica dos e das traballadoras. Ante o éxito da iniciativa, axiña foron insuficientes os locais elixidos para a súa sede na rúa do Circo (hoxe Eduardo Iglesias).

Consciente da necesidade de dar cobertura ás crecentes necesidades de formación e ao propio éxito da implantación da Escola, no ano 1900 José García Barbón doa á cidade os edificios que albergarán ata os nosos días a EAO.

Ao tempo, créase a primeira Biblioteca Pública de Vigo e o Concello de Vigo pasa a ser o xestor e principal financiador da Institución. Un dos seus primeiros directores, Fernando García Arenal, fillo da inesquecible Concepción Arenal, testemuña a relación expresa da EAO coa filosofía e práctica da ILE.

A Escola de Artes e Oficios acompañou e garantiu o desenvolvemento da cidade, tanto no que se refire ao industrial como ao arquitectónico, social e artístico, especialmente dende o inicio ata o derradeiro terzo do século XX, momento no que a aparición e implantación progresiva dun ensino profesional e técnico oficial nos anos 70 significou, primeiro, a decadencia e, logo, xa coa Democracia, a recuperación da institución sen que perderan, renovándoos, os principios de educación popular e permanente, compromiso social, excelencia técnica, interdisciplinariedade e creatividade que alumaron as súas orixes.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos