13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 5pm

exposición

A imaxe 'E parece que foi onte…' gaña o Concurso de Fotografía do Persoal da EOXI

Formaron parte do xurado o fotógrafo Alfonso Lubián e os tres responsables de fotografía dos xornais locais de papel

25 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Entrega de premios. / Fotos: Sergas Entrega de premios. / Fotos: Sergas

O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, presidiu este martes a entrega de Premios do IV Concurso de Fotografía do Persoal da EOXI de Vigo aos gañadores deste certame, que este ano tiña como temática 'A humanización na asistencia sanitaria'.

O primeiro premio foi para Iria Blanco Barca, farmacéutica do Chuvi, pola súa fotografía 'E parece que foi onte…'; o segundo recaeu en María del Carmen Gómez Gómez, supervisora do servizo de Traumatoloxía, por 'Agarimo'; e o terceiro premio levouno o neurocirurxián Pedro Miguel González Vargas, por 'A espontaneidade e os sorrisos son parte da saúde'.

Este concurso, enmarcado no conxunto de actividades conmemorativas do IV Aniversario do hospital, tivo un xurado composto por profesionais cualificados, como Alfonso Lubián e os tres responsables de fotografía dos periódicos locais: Ricardo Grobas, do Faro de Vigo; Mercedes Moralejo, da Voz de Galicia; e Jorge Landín, do Atlántico Diario.

Ademais dos tres premios, o xurado realizou unha selección de fotografías para a realización dun vídeo así como as finalistas para ser expostas no hospital. Despois da entrega de galardóns, inaugurouse a mostra das imaxes seleccionadas na área de consultas externas.

PRIMER PREMIO: Iria Blanco Barca - 'E parece que foi onte...'

Primer premio E parece que foi onte

 

SEGUNDO PREMIO: María del Carmen Gómez Gómez - 'Agarimo'

2º Premio Agarimo

 

TERCER PREMIO: Pedro Miguel González Vargas - 'A espontaneidade e os sorrisos son parte da saúde'

3º Premio A espontaneidade e os sorrisos son parte da saúde

 

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos