23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 6pm

MoSTRA

O II Encontro de pintores das Illas Atlánticas reúne 35 obras no Cambón

O nivel dos participantes vai dende os pintores afeccionados aos artistas especializados en natureza e graduados en Belas Artes

27 Enero 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
A directora xeral de Conservación da Natureza inaugurou este martes a mostra de pintura que se poderá visitar no Edifico Cambón ata o 2 de febreiro e de entrada de balde. A directora xeral de Conservación da Natureza inaugurou este martes a mostra de pintura que se poderá visitar no Edifico Cambón ata o 2 de febreiro e de entrada de balde.

A directora xeral de Conservación da natureza, Verónica Tellado, inaugurou este martes a exposición de pintura do II Encontro de pintores das Illas Atlánticas, que está formada por un total de 35 obras. O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizou o segundo encontro de pintores invitándoo a plasmar nos lenzos toda a beleza que o Parque Nacional ofrece nos seus catro arquipélagos.

A directora xeral recordou que o obxectivo desta iniciativa é aumentar a sensibilidade da poboación cara aos espazos naturais ao través da arte pictórica, e as obras so un exemplo da beleza e das cores que as catro illas do Parque Nacional aportan á paisaxe de Galicia. Esta mostra de pintura poderase visitar no Edificio Cambón ata o 2 de febreiro e a entrada é de balde.

Tellado Barcia destacou a calidade dos traballos presentados e a variedade formativa dos participantes, xa que entre os autores das obras hai afeccionados á pintura é artistas especializados nos estudos da Natureza e graduados de en Belas Artes. Tamén destacou que a meirande do participantes empregaron como técnica o óleo e o acrílico, aínda que tamén houbo algunha obra na que se empregou a acuarela.

A directora xeral de Conservación da Natureza salientou que o éxito desta iniciativa e o nivel de participación avalan a posta en marcha dunha terceira edición deste encontro, no que a Xunta xa está a traballar.

Segundo ano consecutivo
O II Encontro de Pintores é unha actividade que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración o Parque Nacional Marítimo Terrestres das Illas Atlánticas, co fin de que os participantes reflictan nas súas creacións as paisaxes dos catro arquipélagos que forman o parque.

Este certame de pintura celebrouse en setembro de 2014 e tivo lugar nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, participaron un máximo de 10 persoas por illote.

Os participantes pasaron a xornada pintando nestes enclaves naturais, facendo entrega das súas obras ao remate da xornada, cuxo punto final foi u coloquio no que compartiron experiencias e achegar suxestións sobre esta xuntanza.

O obxecto deste encontro é amosar, a través das pinturas, a riqueza natural, tanto en flora como en fauna, das illas que integran o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais, este tipo de actividades pretenden concienciar aos cidadáns da importancia de coidar e respectar o medio ambiente co fin de conservar axeitadamente contornas naturais como estes arquipélagos.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos