27052019Lun
Última edición: Lun, 27 May 2019 2pm

exposición

O IES Ricardo Mella de Vigo acolle unha mostra sobre a muller e o mar

Alumnado e profesorado poderán ver a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, organizada pola Deputación e a Universidade, no vestíbulo do centro educativo ata o vindeiro 10 de abril

19 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
“Achegas a mulleres do mar”. “Achegas a mulleres do mar”.

A mostra itinerante “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” chega este xoves ao IES Ricardo Mella de Vigo, onde estará situada no vestíbulo do centro.

A apertura da exposición terá lugar, ás 12:00h., coa participación da deputada provincial de Igualdade, Isaura Abelairas, e do director do centro educativo Miguel Anxo Fernández Riveiro. É unha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Alumnado e profesorado do centro poderán ver a mostra, en horario lectivo, no vestíbulo do instituto, ata o vindeiro 10 de abril.

“Achegas a mulleres do mar” chega ao IES Ricardo Mella tras o seu paso por múltiples lugares da provincia, ademais tamén de polo campus de Ourense. Estivo xa no auditorio municipal de Cangas, na Sala de Exposicións do Concello do Rosal, nos salóns de plenos de Cambados e de Nigrán, no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio, na Praza de Abastos de Mondariz, no Museo do Mar da Guarda e nos Campus de Vigo e de Pontevedra. De feito, foi neste último campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos.

A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado talento das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os e as futuras profesionais e científicas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

elecciones municipales

pp

PSOE

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos