20082019Mar
Última edición: Mar, 20 Ago 2019 6pm

O Marco inaugura ‘Pantoque’, a mostra que converte o museo nun estaleiro

A mostra amosa o traballo realizado por Ramón Trigo e Eduardo Armada durante doce meses no Estaleiro Armada de Vigo

16 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha imaxe de 'Pantoque'. / Foto: Marco Unha imaxe de 'Pantoque'. / Foto: Marco

O Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo inaugurou este venres a exposición ‘Pantoque’, na que os artistas vigueses Ramón Trigo e Eduardo Armada amosan o seu traballo realizado durante doce meses no Estaleiro Armada da cidade.

A mostra estará aberta ata o vindeiro 31 de marzo no andar baixo do museo e contará con intervencións periódicas por parte de Trigo, desde a semana inaugural ata a data de clausura. Xunto ás obras en exposición -pintura, debuxo, escultura, fotografía, vídeo-, a mostra inclúe unha intervención nun dos muros.

‘Pantoque’ é un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada. A idea primixenia é a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro.

A través da observación da actividade diaria e a relación do ser humano co feito construído e o mar, ambas as linguaxes interrelaciónanse na procura dun lugar común. O espazo elixido é Estaleiros Armada, situado en Bouzas, Vigo, desde os anos vinte, e con case un século de vida tras tres xeracións dunha familia inexorablemente unida ao mar e á historia da cidade.

En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller a Estaleiros Armada. Alí, durante doce meses convivirá cos traballadores reinterpretando a actividade da empresa tamizada pola súa visión plástica. Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vídeo e fotografía toda a acción. O proceso os converte nun solo home. O artista e a súa sombra. Dúas formas visuais de narración onde a pintura suxire o vídeo e a fotografía documentan.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad 2019

obras

fiesta

terremoto

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos