25052019Sáb
Última edición: Vie, 24 May 2019 11pm

A mostra "Xulio Verne. Os límites da imaxinación", no Marco ata o 21 de outubro

A mostra contou con 8.000 visitas en xullo e máis de 10.000 no mes de agosto

04 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A mostra foi inaugurada o pasado 19 de abril. A mostra foi inaugurada o pasado 19 de abril.

O Concello anunciou este martes a prórroga desta exposición no céntrico museo vigués pola súa boa acollida. A afluencia de visitantes está a ser "extraordinaria", indicou Caballero, con 8.000 visitas en xullo e máis de 10.000 no mes de agosto, datos "sen precedentes" no recinto expositivo.

O Marco acollerá a mostra "Xulio Verne. Os límites da imaxinación" durante cinco semanas máis. Así o anunciou este martes o alcalde de Vigo, quen argumentou a decisión pola afluencia "extraordinaria" de público que recibe a mostra, inaugurada o pasado 19 de abril e que ía clausurarse o 16 deste mes de setembro.

Finalmente non será ata o 21 de outubro cando a exposición peche as súas portas, logo de ser visitada por 8.000 persoas no mes de xullo e máis de 10.000 en agosto, datos "sen precedentes" neste museo vigués. Dada a singular relación que une a Verne coa cidade, a mostra inclúe contidos específicos para Vigo e actividades paralelas, como visitas guiadas, programación didáctica e obradoiros infantís para toda a familia.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos