23062018Sáb
Última edición: Sáb, 23 Jun 2018 10am

As visitas ao Marco suben un 90% coa exposición de Verne

A mostra foi visitada xa por 8.700 persoas, case que un 90% máis de visitas que no mesmo período do pasado ano

08 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación". / Foto: vigo.org A exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación". / Foto: vigo.org

Abel Caballero e Jean Michel Verne, tataraneto do escritor, visitaron esta mañá a mostra programada polo Concello no Marco de Vigo, despois da conferencia impartida onte neste espazo cultural polo familiar e experto na obra do escritor de Nantes.

Segundo datos ofrecidos polo alcalde de Vigo, desde a súa inauguración ata agora 8.700 persoas visitaron esta mostra, polas 4.600 visitas que recibira a programación expositiva do Marco no mesmo período do 2017, un incremento próximo ao 90%. Caballero puxo en valor a exposición sobre Xulio Verne e avanzou que o goberno local fará unha campaña de divulgación polo "importante" desta e da relación entre o escritor a cidade.

Jean Michel chega a Vigo 140 anos despois de que o fixera o seu tataravó por primeira vez, data que a cidade está a conmemorar con distintos actos. O Marco acolle unha mostra que ofrece contido específico da vinculación do autor francés e a cidade olívica. Ademais de tataraneto do autor de Nantes, Jean Michel Verne é escritor e xornalista, colaborador en prestixiosas publicacións internacionais, experto no traballo de Jules Verne, autor de diversos traballos sobre a súa obra e membro da Societé Jules Verne de Francia.

Abel Caballero recordou que o Marco acolle, ademais da nomeada exposición, a mostra "A luz e a lente. Historia do microscopio a través da colección Camacho & Pallas". O alcalde salientou a "potenciación tan importante" do céntrico museo vigués, que "continuaremos".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

arte urbano

música

viaxes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos