20082019Mar
Última edición: Mar, 20 Ago 2019 3pm

exposición

"O Vigo de Verne" chega ao Marco

Vigo celebra este venres 1 de xuño o 140 aniversario da primeira visita de Jules Verne

30 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
 A actividade forma parte das accións paralelas da exposición ‘Xulio Verne. Os límites da imaxinación’, inaugurada o 19 de abril. / Foto: vigo.org A actividade forma parte das accións paralelas da exposición ‘Xulio Verne. Os límites da imaxinación’, inaugurada o 19 de abril. / Foto: vigo.org

Vigo celebra este venres 1 de xuño o 140 aniversario da primeira visita de Jules Verne. Con este motivo, o salón de actos do Marco acolle este xoves 31 de maio unha charla-encontro sobre ‘O Vigo de Verne’, ao redor desta efeméride e da estreita relación entre a cidade e o autor de 20.000 leguas baixo dos mares. A actividade forma parte das accións paralelas da exposición ‘Xulio Verne. Os límites da imaxinación’, inaugurada o 19 de abril no Marco.

Organizado polo Marco en colaboración coa Sociedad Verniana de Vigo, o encontro incluirá a proxección dun audiovisual e unha conferencia a cargo do historiador Antonio Giráldez Lomba,vicepresidente do Instituto de Estudios Vigueses e membro da Sociedad Verniana de Vigo. A presentación estará a cargo do xornalista Eduardo Rolland, membro da SVV e autor das obras Verne en la bahía del tesoro e 20.000 leguas de Verne a Vigo. Rolland é asesor de contidos da mostra sobre Xulio Verne no Marco.

O 1 de xuño de 1878, hai agora 140 anos, Jules Verne facía a súa primeira visita a Vigo, a bordo do seu iate, o ‘Saint Michel III’. Durante catro días, o escritor de Nantes integrouse plenamente na vida social da cidade, participando na festa da Reconquista ou contemplando a procesión do Cristo da Vitoria.

Recibido polas autoridades locais e convidado a festas nas sociedades recreativas, Verne tamén paseaba as rúas de Vigo, para contemplar as vistas dende a fortaleza do Castro ou tomar café na praza da Constitución ou no Café Suizo.

Unha década antes, Verne dedicara a Vigo o máis importante capítulo da súa novela 20.000 leguas baixo dos mares, no que el capitán Nemo rescata os tesouros dos galeóns afundidos na batalla de Rande. O 18 de febreiro de 2018 cumpríronse tamén 150 anos da visita literaria do submarino Nautilus á ría viguesa.

O escritor francés regresaría seis anos máis tarde, en 1884, nunha segunda visita. Ademais, deixou escritos sobre ambas as dúas visitas, desfacéndose en eloxios sobre a cidade de Vigo e a súa ría.

O Marco acolle ata o 16 de setembro a exposición ‘Xulio Verne. Os límites da imaxinación’, unha mostra de Fundación Telefónica na que a través de diferentes espazos se traza un percorrido sobre a obra do escritor francés, con especial atención á súa relación coa cidade de Vigo na sala ‘Mobilis in mobili’.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad 2019

obras

tecnología

el tiempo

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos