20102018Sáb
Última edición: Vie, 19 Oct 2018 11pm

día dos museos

Vigo celebra o Día dos Museos con máis visitas guiadas, actividades e horario ampliado

Desde o xoves ata o domingo, a rede museística municipal amplía os seus horarios, o MARCO incrementa as visitas guiadas á exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación" e o Museo Liste acolle o venres a actividade "Furbolibro de Tía N"

16 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. / Foto: Concello de Vigo Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. / Foto: Concello de Vigo

Desde o xoves ata o domingo, a rede museística municipal amplía os seus horarios, o Marco incrementa as visitas guiadas á exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación" e o Museo Liste acolle o venres a actividade "Furbolibro de Tía Ni", visitas guiadas e unha mostra comentada polo Día Internacional dos Museos.

Tal e como informou o alcalde este mércores, o Concello de Vigo súmase un ano máis á celebración do Día Internacional dos Museos, que ten lugar o 18 de maio, nesta ocasión baixo o lema "Museos hiperconectados. Enfoques novos, públicos novos". En rolda de prensa, enfatizou que a rede municipal de museos, que ampliará os seus horarios estes días- é a máis importante de España dado que Vigo é a cidade con máis museos municipais de todo o país.

O xoves, venres e sábado, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura e a Pinacoteca abrirán de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas. O Verbum e o Museo Quiñones de León de Castrelos terán o mesmo horario de mañá e pola tarde serán visitables de 17 a 20 horas. O domingo, estes cinco centros expositivos municipais abrirán de 11 a 14 horas.

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo acollerá distintas propostas durante a mañá do venres. Ás 10:30 horas comezará o "Furgolibro da Tía Ni", unha escolla de libros en galego, de segunda man, antigos e descatalogados; ás 11:30 horas empezará unha visita guiada polo museo e ás 12:30 horas, unha exhibición comentada sobre o lema de 2018 do Día Internacional dos Museos.

Por último, o Concello sumará na fin de semana visitas guiadas á exposición "Xulio Verne. Os límites da imaxinación", emprazada no Marco vigués. Así, o público poderá tomar parte destas ás 12h, 18h e 19:30 horas do sábado e ás 12 horas do domingo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

obras

  • Coia dice adiós a sus míticos volcanes
    Coia dice adiós a sus míticos volcanes Coia dice adiós a sus míticos volcanes. El Concello ha procedido esta semana a su demolición en el marco de las obras que está haciendo con motivo de la instalación del carril bici y la reforma del inicio y final…
    Leer más...

medio ambiente

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos