18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 5pm

A pinacoteca acolle ‘A nova colección Colmeiro’, con 21 óleos e 145 obras sobre papel

A mostra, que percorre todas as temáticas do autor, permanecerá aberta ata o próximo 30 de setembro

04 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Inauguración da mostra, este venres. / Foto: Concello de Vigo Inauguración da mostra, este venres. / Foto: Concello de Vigo

A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego acolle desde este venres e ata o 30 de setembro a exposición ‘A nova colección Colmeiro’, que foi inaugurada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, a filla do autor, Elena Colmeiro, e José Ballesta, comisario da mostra, que está formada polos 21 óleos do artista e as 145 obras sobre papel que integran o legado cedido polos herdeiros de Colmeiro ao Concello en 2017.

Caballero explicou que a incorporación deste legado á colección municipal de arte galega do Concello é un acontecemento cultural “de primeira orde” e converte a Vigo nunha referencia artística ineludible. “Esta mostra transcende o territorio, é un valor da cultura universal”, dixo. Na súa intervención, agradeceu á familia esta cesión "pola súa xenerosidade coa cidade e co patrimonio colectivo" sen pedir nada a cambio máis aló da divulgación desta obra.

A exposición mostra practicamente todas as etapas do autor: o seu retorno a Galicia nos anos 20 do século pasado, a súa renovación de estilo e interpretación da realidade galega dos anos 30, o impacto da Guerra Civil, o seu exilio en París e, finalmente, o seu regreso e presentación en España a partir dos anos 50.

A colección recolle, así mesmo, todas as temáticas que lle son propias, coa muller como gran protagonista; o seu país galego, que capta a través das súas paisaxes e as súas xentes en romarías e oficios; os traballos de estudio, a súas incursións na mitoloxía ou os seus retratos.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

mar

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos