20042018Vie
Última edición: Vie, 20 Abr 2018 9am

 

As Barbies “intervidas” chegan a Vigo para remover conciencias

Inaugurase na Casa das Ares a exposición ‘Rompe. Xoga en igualdade”, que busca rachar cos estereotipos de beleza e o arquetipo da muller obxecto

10 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A mostra estará aberta en Vigo ata o 13 de maio. A mostra estará aberta en Vigo ata o 13 de maio.

A Deputación de Pontevedra inaugura este mércores, ás 19.30 horas na Casa das Artes, a exposición ‘Rompe. Xoga en igualdade’, ideada con motivo do 8 de marzo. Tras o seu paso polo Pazo Provincial de Pontevedra a mostra comeza agora a percorrer os concellos da provincia que así o soliciten. Posta en marcha por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada, a exposición está protagonizada polas famosas bonecas Barbie, que foron “intervidas” para denunciar de xeito rompedor a desigualdade entre mulleres e homes.

Consta de 18 paneis cheos de poesía visual e que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. As protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando na importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación das nenas e dos nenos.

Seleccionouse a Barbie para a mostra por tratarse da boneca máis famosa da historia, coa que a diario xogan milleiros de nenas do mundo pero que, ao tempo, transmite valores sexistas, presentando a unha muller obxecto, que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos.

Deste xeito, as artistas creadoras da mostra interviñeron as bonecas para romper e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes e concienciar á sociedade para que se poña fin á discriminación e á violencia machista. Trátase dunha mostra cun importante valor simbólico, e por elo, diante de cada peza haberá un martelo co fin de trasladar a idea de romper con esa situación.

Esta mostra reivindicativa poderá visitarse na Casa das Artes ata o domingo 13 de maio e estará aberta ao público de luns a venres en horario de 18.00 a 21.00 horas; os sábados de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00h a 21.00 horas; e os domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

educación

  • A escola infantil do Álvaro Cunqueiro xa ten data de apertura
    A escola infantil do Álvaro Cunqueiro xa ten data de apertura A escola infantil do hospital Álvaro Cunqueiro entrará en funcionamento no próximo mes de setembro, con motivo do inicio do vindeiro curso escolar. A escola leva o nome de Merlín en alusión á primeira novela editada en galego polo escritor…
    Leer más...

Ocio

infraestructuras

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos