13122017Mié
Última edición: Mié, 13 Dic 2017 1pm

 

O Belén da Casa das Artes abre ao público con 300 pezas

A montaxe, que ocupa unha superficie de 100 metros cadrados e requiriu tres anos de traballo, estará aberta ao público ata o 7 de xaneiro

30 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O belén pódese visitar desde este xoves. / Foto: Xornal de Vigo O belén pódese visitar desde este xoves. / Foto: Xornal de Vigo

O gran belén da Casa das Artes xa se pode visitar desde este xoves e ata o 7 de xaneiro. A montaxe, que ocupa unha superficie de 100 metros cadrados e conta con 300 pezas duns 25 centímetros, requiriu tres anos de traballo e a dedicación de 30 persoas.

O belén poderá visitarse de luns a venres entre as 18.00 e as 21.00 horas, os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, os domingos e festivos desde as 12.00 horas en horario ininterrompido ata as 21.00 horas da noite. Ademais, en Noiteboa, Fin de Ano e o día da cabalgata de Reis permanecerá aberto entre as 12.00 e as 19.00 horas. Por último, os días de Nadal e Aninovo terá un horario especial de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

Ademais, dentro da programación de Nadal, este sábado 2 de decembro a oficinal municipal de distrito de Teis acollerá o Musical Máxico en favor de UNICEF. Será ás 18:00 horas cun programa chamado ‘Hai un conto que contaban as avoas’ e que inclúe máis dunha decena de actuacións con máis de 30 persoas en escena.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos