24112017Vie
Última edición: Jue, 23 Nov 2017 9pm

Últimos días para participar no tradicional Concurso de Beléns de Afundación

Como novidade, este ano outorgarase o Premio do público, que será decidido mediante votación a través da páxina de Facebook da entidade

13 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Belén de la Residencia Paz y Bien que ganó en 2015 el tercer premio en la categoría general. Belén de la Residencia Paz y Bien que ganó en 2015 el tercer premio en la categoría general.

Últimos días para inscribirse no Concurso de Beléns, convocado un ano máis por Afundación, un referente na tradición cultural do Nadal en Galicia que este ano cumpre a súa edición número 52.

O prazo de inscrición para participar no Concurso de Beléns de Afundación permanecerá aberto ata o vindeiro 17 de novembro e poderá participar calquera persoa ou colectivo, podendo presentar só un belén por cada inscrición. Para a elaboración das obras pódese utilizar calquera tipo de material e deberán montarse sobre unha superficie ríxida dun metro por cada lado.

Un xurado valorará cada belén prestando especial atención á confección das figuras, a composición do conxunto, a orixinalidade, a unidade de estilo, o grao de dificultade e execución. En función da suma da puntuación acadada en cada unha destas categorías repartiranse os premios, tres individuais e tres colectivos, e ata un máximo de 10 accésits. Ademais, este ano como novidade inclúese unha nova categoría de galardón, o Premio do público que será outorgado mediante unha votación, aberta ata o 27 de decembro, na páxina da rede social Facebook de Afundación. Todos os nacementos presentados ao concurso expoñeranse ao público na Sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo (rúa Reconquista, s/n) do 14 de decembro ao 6 de xaneiro.

As inscricións pódense formalizar neste formulario.As inscricións pódense formalizar neste formulario.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

nadal 2107

recogida alimentos 2017

  • Un Parque Nacional único no mundo
    Un Parque Nacional único no mundo Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias…
    Leer más...

sequía: vídeo

  • Así está Eiras
    Un nuevo vídeo tomado el pasado domingo, 12 de noviembre, por Beto García con un dron muestra la preocupante situación en la que se encuentra la presa de Eiras.
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos