14122017Jue
Última edición: Jue, 14 Dic 2017 7pm

 

exposición

"Xentas da Raia", imaxes da memoria transfronteiriza a través do Miño

A asociación Lazoiro organizará unha exposición nas Covas de Dona Urraca con máis de medio cento de fotografías, zonas temáticas, e unha curta que terá lugar o domingo onde participan veciños de Salvaterra e Monção.

13 Octubre 2017 por
Unha as imaxes da exposición. / Foto: Lazoiro Unha as imaxes da exposición. / Foto: Lazoiro

Lazoiro recupera a memoria transfronteiriza na exposición “Xentes da Raia” cunha curtametraxe Por terceiro ano consecutivo as Covas de Dona Urraca, dentro do recinto amurallado de Salvaterra, acollerán os días 20, 21 e 22 de outubro unha exposición adicada á memoria organizada pola Asociación Lazoiro.

Esta nova edición, baixo o título “Xentes da Raia” terá como tema principal as relacións entre Salvaterra e Monção antes da construción da Ponte Internacional. Para iso, ademais de fotografías antigas dos diferentes lugares o domingo ás 17:00h, haberá unha proxección dunha curtametraxe dirixida por Gonzalo Castro Martínez, socio de Lazoiro, onde participan veciños e veciñas de Salvaterra e Monção.

A curtametraxe contará cunha serie de conversas que relatan as vivencias relacionadas todos o tempo coa “raia” e foron gravadas nos meses anteriores á exposición. Un dos participantes foi barqueiro na fraguesía de Cortes en Monção e relata moitos de problemas que había para cruzar a Salvaterra. 

Ademais de fotografías de tódalas parroquias, como é habitual, este ano tamén haberá diferentes espazos: Espazo Río Miño, adicado ás relacións transfronteirizas onde será tratado por exemplo o “estraperlo”, Espazo Alén Miño, para aquelas persoas que dende Arxentina ou doutros países enviaron correos á asociación para buscar información sobre familiares. Será posible ver tamén diferentes xornais e documentos da época.

Xentes da Raia, na que a entrada, ao igual en edicións anteriores, seguirá sendo de balde, abrirá ao público o venres 20 de outubro de 19:30h a 21:30h, podendo visitarse ao longo de todo o fin de semana do 21 ao 22 en horario de 10:30h a 14:00h, e de 16:30 a 21:30.

Medios

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos