26072017Mié
Última edición: Mié, 26 Jul 2017 11am

A exposición ‘O alabastro a través do tempo’ supera xa as 11.500 visitas

A mostra, composta por unha escolma de 85 pezas, bota o peche este domingo no Museo do Mar

13 Julio 2017 por
O delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves (i), visitou a exposición este xoves. / Xunta de Galicia O delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves (i), visitou a exposición este xoves. / Xunta de Galicia

A exposición ‘O alabastro a través do tempo. Colección de Jaime Trigo’ toca á súa fin o vindeiro domingo tras superar as 11.500 visitas. A mostra é unha das mellores coleccións do mundo neste eido. O anticuario galego Jaime Trigo logrou reunir ao longo de máis de 40 anos como coleccionista quince séculos de arte esculpida en alabastro.

Esta exposición monográfica chegou a Vigo o pasado mes de marzo tras a súa exhibición no Museo da Catedral de Santiago. Nela, os visitantes poden ver unha escolma de 85 pezas seleccionadas entre as máis de 300 que compoñen a compilación, e a través das que se pode facer un percorrido histórico pola arte do alabastro dende o século I ata o século XIX.

A meirande parte das pezas que se poden contemplar na mostra corresponden á temática relixiosa, desde a época paleocristiá ata o século XIX; aínda que tamén forman a exposición pezas profanas, desde a época romana ata o romanticismo.

Para a súa exhibición no Museo do Mar de Galicia, a exposición adaptou os seus contidos a esta temática, prestando especial atención aos fluxos comerciais marítimos a través dos que chegaron numerosas pezas de alabastro realizadas antes do século VIII en talleres ingleses.

Tralo peche da mostra actual, o centro museístico galego adecuará unha sala para manter expostas unhas 20 ou 30 pezas da colección ao longo do vindeiro ano, de xeito que poida seguirse gozando de parte da exposición, que logrou concitar grande expectación desde o momento no que se inaugurou.

Cómpre lembrar que o recinto vai albergar a partires deste outono outra obra única, como é o Pergamiño Vindel, que recolle as sete cantigas de amigo de Martín Códax, e cuxo orixinal se exporá por primeira vez en Galicia.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

vigo

aeropuerto

casco vello

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos