22082019Jue
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 8pm

‘O sentir dun pobo: Sabucedo e a rapa das bestas’

A forza da rapa das bestas de Sabucedo toma a Praza do Rei

A exposición ‘O sentir dun pobo’ permanecerá aberto ao público fronte o Concello ata o luns

22 Junio 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
A mostra foi inaugurada este xoves. / Foto: Xornal Vigo A mostra foi inaugurada este xoves. / Foto: Xornal Vigo

A Praza do Rei é, dende este xoves, un lugar dedicado a unha das tradicións máis senlleiras de Galicia: a rapa das bestas. A loita entre homes e cabalos, dende o monte ata o curro, a doma do animal salvaxe son protagonistas estes días no espazo aberto que ofrece a explanada fronte o Concello de Vigo. Alí permanecerá aberta ao público a exposición ‘O sentir dun pobo: Sabucedo e a rapa das bestas’, que foi inaugurada este xoves.

A mostra consta de dous bloques con paneis de grandes dimensións que recolle unha exhibición fotográfica e outra parte de paneis con informacións sobre a festa que se celebra todos anos na parroquia de Sabucedo, en A Estrada.

A exposición vai poder contemplarse ata o próximo luns, polo que só se poderá visitar durante uns días. O seu obxectivo é a promoción desta festa, a súa forza e arraigo na tradición galega, que cada ano atrae a milleiros de persoas procedentes de todo o mundo.sabucedo2

Inicia sesión para enviar comentarios

maltrato animal

mar

ocio

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos