26052017Vie
Última edición: Vie, 26 May 2017 8pm

día das letras galegas

Nigrán expón 30 imaxes tomadas por Carlos Casares

“De tódolos sitios onde viviu o meu pai Nigrán foi o único que elixiu libremente, sen ningún condicionante laboral ou de outro tipo, e no que sen dúbida foi máis feliz”, resumiu o seu fillo Hakan

14 Mayo 2017 por
Fotografía feita por Carlos Casares e exposta no Auditorio de Nigrán. / Fotos: Concello de Nigrán Fotografía feita por Carlos Casares e exposta no Auditorio de Nigrán. / Fotos: Concello de Nigrán

O alcalde de Nigrán, Juan González, e os dous fillos de Carlos Casares, Hakan e Christian, xunto o director da Fundación Casares, Gustavo Garrido, inauguraron este sábado no Auditorio Municipal a exposición ‘Carlos Casares e a fotografía”, organizada co obxectivo de divulgar no municipio a figura deste escritor galego universal e veciño de Nigrán a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2017.

A mostra, organizada a través da Fundación Casares, profundiza a través de 30 imaxes nesta faceta artística relativamente descoñecida do autor, pero tan importante como relevante nalgunhas das súas obras literarias: a fotografía.

“De tódolos sitios onde viviu o meu pai Nigrán foi o único que elixiu libremente, sen ningún condicionante laboral ou de outro tipo, e no que sen dúbida foi más feliz”, resumiu o seu fillo Hakan, quen xunto a Christian comentou anécdotas e vivencias do seu pai no municipio, onde estivo asentado durante 22 anos (ata a súa morte no 2002).

"Foi un dos veciños máis ilustres de Nigrán e descansa no seu cemiterio municipal desde hai quince anos, aínda que pervive en nos a través das súas obras, referentes da literatura galega universal. É un orgullo para o Concello recordar a súa presenza, a súa calidade humana e o seu talento máis alá incluso do eido literario, como é o caso desta mostra", resume o alcalde, Juan González.

A exposición, que estará aberta durante este mes de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, recolle imaxes tiradas polo propio Casares, así como outras nas que el mesmo aparece fotografado. Trátase dun conxunto de obras relacionadas con ámbitos como o familiar, onde existen autorretratos e retratos dos seus fillos Hakan e Christian e a súa muller Kristina Berg; como fotografía de viaxes, unha actividade pola que o autor limiao sentía moito interese e que queda reflexada en imaxes por toda Europa e Norteamérica; ou de ámbito profesional, realizadas para unha obra de referencia como a Guía da provincia de Pontevedra, e nas que a súa temática xira en volta de aspectos culturais e tradicionais da nosa cultura (o entroido, petos de ánimas, cruceiros...). A mostra inclúe tamén unha parte importante da colección de cámaras fotográficas que posuía o escritor, moitas delas protagonistas tamén nas imaxes de autorretratos .

En resumo, a exposición tenta por ao público en contacto cunha faceta descoñecida do escritor, unha faceta que constitúe outra dimensión de Casares e, en certa medida, interactúa coa súa obra literaria e contribúe a dar luz sobre as relacións entre as diferentes actividades expresivas da personalidade humana.

A programación do 'Ano Casares' ofrecida dende o Concello de Nigrán continúa o propio día das Letras Galegas, cando terá lugar a tradicional festa da bicicleta do Val Miñor cun guiño dende Nigrán a Carlos Casares e ás 20.00 será a representación teatral de 'A Galiña Azul' no Auditorio, unha das súas obras infantis máis coñecidas. Finalmente, o sábado 27 de maio e o 3 de xuño a Fundación Carlos Casares dirixirá sendos roteiros sobre a figura de Carlos Casares no municipio (o primeiro roteiro ía ter lugar este sábado 13 de maio pero ante a previsión de choiva decidiuse pospoñelo).

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos