«Escritor e crítico literario, editor e libreiro, arqueólogo e historiador, docente e colaborador en medios de comunicación ou conferenciante, entre outras. Facetas todas elas encarreiradas a un fin concreto: a difusión e posta en valor da nosa lingua e da nosa cultura». Con esas verbas presenta a Fundación Penzol á mostra adicada ao cronista de Vigo, Álvarez Blázquez.
A mostra «Centenario de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Constructor dunha cidade de libros (Tui, 1915-Vigo, 1985)» foi inaugurada o pasado 17 de abril pola Fundación Penzol en colaboraciópn coa Concellería de Cultural. Permanecerá aberta na Casa Galega da Cultura ata o 17 de maio e contén una importante mostra do prolífico traballo do escritor, con libros, documentos, cartas e imaxes. Moitos son fondos que atesoura a Fundación Penzol e a maioría proceden la xenerosa doazón familiar feita a esta instituciópn en 2012. Outros aínda seguen nas mans da familia polo que é unha gran oportunidade para achegarse a escritos privados dunha das figuras máis importantes da nosa cidade e de Galicia en xeral. A mostra estará aberta todas as tardes de 18 a 21 horas e os sábados ademáis abre tamén de 12 a 14 horas. Domingos e festivos o horario é de 12 a 14 horas.
De feito, na exposición se recrea un pequeno espazo de traballo e lecer, elaborado con algúns obxectos do seu domicilio particular. Ademáis de libros e documentos, na Casa Galega da Cultura tamén se poden ver dous audiovisuais cunha fotobiografía e testemuños gráficos sobre a vida e obra de Álvarez Blázquez. Tamén, baixo demanda, se poden escoitar con auriculares poemas do autor recitados ou musicados por diferentes intérpretes. E no resto da sala, mesas e peañas expositotras con materiais sobre o seu labor como poeta, narrador, investigador da literatura medieval e tradicional, arqueólogo, historiador, etnógrafo, estudoso da cidade de Vigo e editor.
Entre os seus traballos, o libro «A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo» (tamén na súa versión en castelán, «La ciudad y los días»), que debullamos cada día en Vigoé na nosa sección de Efemérides, a través dun «Vigo, tal día como hoy».
Esta mostra da Casa Galega da Cultura non é a primeira homenaxe que se rinde ao cronista oficial da cidade no centenario do seu nacemento xa que o propio día 4, no que naceu no seu domicilio familiar de Tui. Tamén foi na Casa Galega da Cultura e noutra ocasión a través da música de medio cento de alumnos do IES Alexandre Bóveda, que interpretaron unha peza creada por eles mesmos para rendir tributo ao autor.