• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 6 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Fotografías que rachan coa orde sexual imposta

    O centro comercial do campus vigués acolle a mostra 'Sen Moldes', con imaxes de 18 estudantes do primeiro curso de Belas Artes
    Redacción por Redacción
    05 de Oct, 2017
    en Exposiciones
    0
    Fotografías que rachan coa orde sexual imposta

    ‘Sen Moldes. Comentarios fotográficos sobre os xéneros’ é unha escolma do traballo realizado por todo o alumnado desta materia, que recolle os traballos máis creativos e rompedores que reflexionan sobre a orde sexual imposta, contrapoñéndolle visións críticas, discrepantes, anovadoras, creativas, diverxentes ou mesmo paradoxais.

    Segundo explica no Diario da Universidade de Vigo (DUVI) Anabel G. Penín, directora da Unidade de Igualdade, “o máis importante deste proxecto é o traballo que se fixo nas aulas co alumnado, porque se compren dúas funcións centrais da Universidade: a transmisión de valores igualitarios a través da docencia e, ao mesmo tempo, a creación nas aulas un coñecemento que ten un poder transformador para que o estudantado se convertan en axentes de cambio para crear sociedades máis xustas e igualitarias”.

    A responsable da unidade tamén quixo agradecer o traballo feito polos docentes Mar Caldas e Carlos Tejo como comisarios da mostra, por fomentar a poñer en valor a “reflexión e ruptura nas propias aulas dese sistema sexo/xénero”.

    Caldas e Tojo amósanse tamén moi satisfeitos cos resultados e destacan a importancia de poñer en marcha iniciativas coma esta, sobre todo tendo en conta “a capacidade que ten a imaxe de abrir as mentes dunha maneira inmediata”.

    Tanto a nivel artístico como estético e tamén temático, “sorprendeunos moito a resposta obtida, sobre todo tendo en conta que se trata de estudantes de primeiro de grao, foron moi receptivos e en pouco tempo conseguiron elaborar imaxes que dicían moitas cousas”.

    Recoñece tamén Carlos Tejo que foi unha “sorpresa a resposta do alumnado fronte a un tema tan complicado, unha proposta que os poñía enfronte dos seus compañeiros e compañeiras, na que tiveron que exteriorizar os seus sentimentos e pensamentos e posicionarse cunha temática moi complexa con moitas derivas que doen”.

    Pero a resposta foi “marabillosa, abríronse e expresáronse como quixeron e foron valentes”. Mar Caldas pon en relevo a elección do máis próximo aos estudantes para protagonizar as imaxes. Así, moitos optaron por autorretratos ou por familiares e persoas achegadas, “é unha forma de ver como na contorna inmediata existe a diversidade e comportamentos que saen da norma”.

    Dos canons de beleza a sexualidades liberadas
    O alumnado optou por diversas vías para rachar cos estereotipos, dende a denuncia e a proclamación, ata a parodia ou a evocación, con humor ou con solemnidade. En conxunto, son imaxes que creban cos roles de xénero tradicionais e exploran sexualidades liberadas das normas dende a perspectiva persoal de cada estudante.

    Carlos Tejo explica que “o tema do xénero que é moi diverso e complexo e por iso fixemos unha selección de traballos que se poden agrupar por temáticas”. Por unha banda, un grupo de fotos céntrase en corpos “que poden ser diferentes ao canon habitual de beleza”.

    Por outra banda, un grupo reflicte “orientacións sexuais que se saen tamén do heteronormativo” e finalmente, outras “abordan as imposicións da sociedade contemporánea sobre todo na estética e no corpo da muller”. A mostra complétase coas instantáneas doutros e doutras estudantes que optaron por abordan a violencia contra as mulleres ou por reflectir nas súas imaxes a mulleres poderosas e feministas.

    A exposición trasladarase a finais de novembro á Biblioteca Central do campus de Ourense, para formar parte do Outono Fotográfico; logo, a finais de xaneiro, será acollida pola Facultade de Belas Artes.

    18 visións sobre os roles tradicionais de xénero
    Tras as imaxes da mostra están Alba G. R., Alex Viador, Anubis, Blanca Rossignoli, Fran, David Peetermans, Jacobo García Penelas, Jorge Alonso Rodríguez, Judit Porto, Lara Castro, Mus, Nicolás López da Motta, Pepeee, Sandra Aguilar, Sandra Montero, Sara Maneiro, Tuset e Vera Moreno. Algúns e algunhas delas estiveron este mércores na inauguración.

    Unha delas é Sara Maneiro, autora dunha fotografía que “representa a ‘prisión’ que pode sentir unha muller cos canons actuais de beleza”, por iso a protagonista está rodeada de cintas métricas. “Elixín unha muller normal, nin moi delgada nin moi gorda, todo é neutro na imaxe, a roupa, o fondo, etc. o único que destaca son as cintas, o único elemento que ten cor”, explica.

    Outros dos presentes era Nicolás López, protagonista da súa propia sesión. “Como outros artistas masculinos fixeron antes, intentando representarse co seu lado feminino, quixen facer algo similar, vestido de muller, posando, pintando os beizos”. Na súa proposta reivindica a parte feminina do masculino, “porque un home tamén pode sentirse identificado co feminino, sexa en posturas, en comportamentos, no estético ou en aspectos máis profundos”.

    A visión de Anubis Muñoz é ben diferente. Elixiu mulleres fortes como centro da súa reflexión. Ela mesma protagoniza a foto, posando de costas e amosando a musculatura. “Fago deporte, deporte que moitos consideran de homes, e a través da imaxe dunha muller cun corpo musculado quixen amosar que non somos o sexo débil, pero nin física nin psicoloxicamente”.

    Outro tópico que quere desbotar coa súa imaxe é o da falta de feminidade nas mulleres fortes. Cando as mulleres deixan de ser o xénero débil, cando a sociedade percibe a fortaleza dunha muller (física ou mental), adoita ser considerada como unha persoa pouco feminina ou mesmo masculina, “pero iso nada ten que ver co xénero, a fortaleza adquírese coa experiencia da vida e só depende da persoa”, conclúe.

    exposicin universidade de vigo sen moldes 1
    exposicin universidade de vigo sen moldes 2
    exposicin universidade de vigo sen moldes 3

    exposicin universidade de vigo sen moldes 4
    exposicin universidade de vigo sen moldes 5
    exposicin universidade de vigo sen moldes 6

    exposicin universidade de vigo sen moldes 7

    43

    RelacionadosArtículos

    Se acaba el ‘idilio’ de Caballero con Rueda: «Llega tarde. Lo heredó de Feijóo»
    Local

    La Xunta propone a Caballero un «acuerdo global» para Vigo con cinco actuaciones clave

    05 de Nov, 2025
    UGT critica el “desinterés” de la Xunta por garantizar la seguridad en la Ciudad de la Justicia de Vigo
    Local

    Condenan a un asesor fiscal de Vigo por la estafa de 110.000€ que urdió con el IRPF

    05 de Nov, 2025
    El Puerto de Vigo reclama su papel clave en la conectividad global
    Local

    El Puerto de Vigo reclama su papel clave en la conectividad global

    05 de Nov, 2025
    Aena ya trabaja en la captación de rutas aéreas junto a Xunta y ayuntamientos
    Actualidad

    Aena ya trabaja en la captación de rutas aéreas junto a Xunta y ayuntamientos

    05 de Nov, 2025
    «Pardo de Vera acumula ya más acusaciones que méritos para obtener la Medalla de Vigo»
    Local

    El PP reclama el decreto para salvar la «enésima promesa incumplida» de Caballero

    05 de Nov, 2025
    A Guarda aspira a la Navidad dorada de Ferrero Rocher
    A Guarda

    A Guarda aspira a la Navidad dorada de Ferrero Rocher

    05 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El balcón de los sueños
    Más Vigo

    El balcón de los sueños

    El mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, sigue siendo un punto de reunión tanto para...

    por Julio Alonso
    05 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR