• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 16 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Down Vigo amosa na sede local da Deputación ‘A viaxe da miña vida’, unha exposición de coloristas tapices

    Persoas usuarias da asociación Down Vigo mostran a súa sensibilidade artística cun conxunto de tapices inspirados en vivencias persoais
    Redacción por Redacción
    18 de Ene, 2021
    en Exposiciones
    0
    Down Vigo amosa na sede local da Deputación ‘A viaxe da miña vida’, unha exposición de coloristas tapices

    A mostra foi inaugurada este luns. / Foto: Deputación de Pontevedra

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle desde este luns e ata o vindeiro venres día 29 a exposición ‘A viaxe da miña vida’, na que persoas usuarias da asociación Down Vigo mostran a súa sensibilidade artística cun colorista conxunto de tapices elaborados coa técnica do patchwork e inspirados en vivencias persoais.

    A presidenta provincial, Carmela Silva, subliñou na apertura, xunto ao presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, e o director da entidade, Antonio Fuertes, o “gran traballo e compromiso da asociación, que facilita que as persoas con síndrome de Down teñan as oportunidades que todas e todos debemos ter”. A máxima responsable da institución destacou que a exposición é unha mostra da calidade artística das persoas que elaboraron os tapices, ás que nomeou unha a unha. “Son Arancha, Antonio, Lola, Lucía, Luci, Manuela, Marcelo e Noa”, citou.

    Todas e todos eles forman parte do grupo de Habilidades Adaptativas da asociación, centrado no envellecemento activo. Carmela Silva anunciou na presentación, realizada só cos responsables de Down Vigo para cumprir as medidas de seguridade fronte á Covid-19, que tan pronto a situación sanitaria mellore a mostra retornará á sede da Deputación “cun grande acto no que as persoas que elaboraron os tapices teñan o protagonismo que lles corresponde, e para que a xente veña coñecela con normalidade”. En todo caso, a presidenta animou a veciñanza de Vigo a visitar estes días a exposición en grupos reducidos. “Quedarán sorprendidos e sorprendidas. Son tapices moi fermosos e hai moito traballo en cada un deles”, subliñou.

    O presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, explicou que a exposición “é unha forma de promover a autonomía das persoas con síndrome de Down e diversidade intelectual”. A colección de tapices, engadiu, “mostra que teñen moitas capacidades, de traballo, artística, e de expresión dos seus sentimentos e emocións”. O presidente da asociación agradeceu á presidenta a colaboración para que a sede da Deputación acollese esta iniciativa.

    Os tapices foron realizados durante todo o curso pasado dentro do grupo de Habilidades Adaptativas e cada un deles vén acompañado dun cartel no que as autoras e autores preséntanse e contan a vivencia que inspirou a súa obra. A peza de Arancha representa a “Superación”; a de Antonio, o “Renacer”; o tapiz de Lola o “Duelo”; o de Lucía a “Unión”; a obra de Luci un “Conto de Fadas”; a de Manuela, os “Desexos”; Marcel inspírase na “Emigración” e Noa no “Fogar”.

    A través das súas obras realizan unha viaxe emocional na que mostran a súa creatividade, vivencias e recordos. Deste xeito cada tapiz reconstrúe a súa vida de forma figurada mediante a creación artística. As pezas xorden dunha vivencia concreta que se plasma na combinación de cores, teas e disposición. A exposición mostra á cidadanía as realidades, sensibilidades e habilidades das persoas con síndrome de Down. Ademais, compleméntase cun vídeo sobre o proceso creativo.

    Down Vigo, creada no 1989, fai unha importante labor de apoio ás persoas con síndrome de Down e as súas familias. Actualmente conta con 200 persoas usuarias e presta servizo a todo o sur da provincia co obxectivo de acadar a plena integración e a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual. A asociación, declarada Viguesa Distinguida, ofrece atención desde as fases máis temperás da vida das persoas con síndrome de Down, promociona a súa autonomía persoal, dálles formación para a mellora da súa inserción laboral e organiza actividades de tempo libre, entre outras accións do seu amplo programa de apoio, orientación e aprendizaxe.

    No te pierdas la exposición EL VIAJE DE MI VIDA, elaborada por el grupo de Habilidades Adaptativas e inaugurada esta mañana en la @depo_es de Vigo 😍¡Hasta el 29 de enero! 👉¿Cómo fue el proceso? https://t.co/K9gUdQrQxg pic.twitter.com/DHR2MCrSR3

    — Down Vigo (@DownVigo) January 18, 2021

    Tags: Deputación de PontevedraDown VigoExposición

    RelacionadosArtículos

    A Deputación reforzará a promoción turística no aeroporto de Vigo
    Local

    A Deputación reforzará a promoción turística no aeroporto de Vigo

    10 de Ago, 2022
    Arbo estrea a reforma do barrio da estación, promovida pola Deputación de Pontevedra
    Arbo

    Arbo estrea a reforma do barrio da estación, promovida pola Deputación de Pontevedra

    05 de Ago, 2022
    Recala en Vigo ‘Compromiso na distancia’, la muestra que recorre la vida y obra de Gurriarán
    Exposiciones

    Recala en Vigo ‘Compromiso na distancia’, la muestra que recorre la vida y obra de Gurriarán

    03 de Ago, 2022
    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros
    Mos

    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros

    02 de Ago, 2022
    A ocupación hoteleira na provincia acada o 78% de media en xullo e mellora os datos prepandemia
    Más Vigo

    A ocupación hoteleira na provincia acada o 78% de media en xullo e mellora os datos prepandemia

    29 de Jul, 2022
    O himno feminista ‘Respect’ pon o peche de ouro á gala da segunda edición de Descúbreas
    Música

    O himno feminista ‘Respect’ pon o peche de ouro á gala da segunda edición de Descúbreas

    21 de Jul, 2022

    Más Vistos

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    por Redacción
    08 de Ago, 2022
    0

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0

    Vigo ya tiene Praza Maior

    Vigo ya tiene Praza Maior

    por Julio Alonso
    09 de Ago, 2022
    0

    pontillón santo tomé freixeiro

    Historia de Vigo que no debe perderse

    por Julio Alonso
    08 de Ago, 2022
    0

    Vigueses en el infierno del Barbanza: «Pensábamos que lo perdíamos todo»

    por EFE
    09 de Ago, 2022
    0
    Noche sin tregua por los incendios en Barbanza y Canicouva; controlado en Arbo
    Local

    En el cámping Ría de Arousa, en Ribeira, reina la tranquilidad tras una noche de agosto que muchos recordarán como...

    Leer mas

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0
    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»
    Música

    Lola Índigo confiesa en Castrelos un episodio íntimo de su vida dando una lección de vida a sus seguidores

    Leer mas

    Sting versus Nathy Peluso

    por Octavio Beares
    07 de Ago, 2022
    0
    Sting versus Nathy Peluso
    Música

    En el concierto de Sting en Castrelos la noche de ayer servidor asistió sin acreditación, mezclado en la abundante masa...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR