• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 26 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cultura

    A Xunta aposta por actividades culturais e solidarias neste Nadal en Vigo

    "Nadal Solidario" e "Coñece Vigo" serán os programas que pon en marcha o Goberno autonómico na cidade
    Redacción por Redacción
    14 de Dic, 2019
    en Exposiciones
    0
    A Xunta aposta por actividades culturais e solidarias neste Nadal en Vigo

    O Goberno galego e a súa Delegación Territorial levan meses a traballar para deseñar unha programación de Nadal que contribúa a que a cidade mostre o seu lado máis humano nesta época do ano, ao tempo que se recupera o Nadal máis tradicional e solidario. Ademais, os proxectos teñen como obxectivo traballar coa sociedade civil, con entidades solidarias, fomentar accións participativas de ambiente familiar e colaborar en positivo coa cidade.

    Co obxectivo de afondar na reflexión do que supón e significa o Nadal, a Xunta decidiu impulsar varias iniciativas vinculadas coa promoción e posta en valor desta festividade en Galicia. A finalidade do Goberno galego é contribuír a que os vigueses conten cunhas festas de calidade das que participen todos os cidadáns e visitantes. 

    PuertoVigo 2

    O Porto de Vigo colabora coa Xunta de Galicia en ambos programas culturais FOTO: APV

    Por unha banda, programou o espazo «Nadal solidario» no Tinglado do Porto entre o 16 de decembro e 4 de xaneiro en horario de 12 da mañá ás 10 da noite, estendéndose á medianoite os sábados e domingos, con máis dun centenar actividades ao longo de todo o día. Unha iniciativa especialmente pensada para as familias e que contará cun espazo solidario, tendo en conta que estas datas son especialmente difíciles para algunhas persoas.

    “Trátase dun lugar no que cidadáns, turistas, peregrinos e empresarios poderán achegarse para aportar o seu grao de area para que todos podamos gozar destas datas” en palabras da delegada Corina Porro. Un espazo que contará tamén con actividades que permitirán encher a cidade de Vigo de cultura e tradición.

    Atraccións, foodtrucks e paxe real

    A animación no exterior contará con decoración tradicional, atraccións para os máis pequenos, foodtrucks e unha grande caseta habilitada para que o paxe real recolla todas as cartas dos nenos e nenas aos Reis Magos. Tamén participan as asociacións de comerciantes de Vigo, que se aquendarán para ofrecer información sobre campañas para as compras do Nadal nos barrios de Vigo.

    Xa no interior, a peza principal será o Nacemento da Catedral de Santiago que, en 60 metros cadrados, amosará preto de 500 pezas articuladas. As obras que se están a realizar na basílica impiden este ano a súa exposición pública.

    Á decoración tradicional do Nadal sumaranse, no interior do Tinglado, nove casetas de madeira que contarán actividades propias nas que participan a Autoridade Portuaria de Vigo, que dará a coñecer os seus ambiciosos proxectos medioambientais; a Consellería de Medio Ambiente, coa celebración de talleres infantís que ofrecen desde experimentos de “Ciencia Divertida” ata actividades de reciclaxe e concienciación medioambiental; a Consellería de Mar, con actividades informativas das súas campañas; a Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería do Medio Rural, que porán o foco de atención nos seus diferentes programas; Anfaco, que fará demostracións de conservas e organizará talleres informativos e showcookings; e as 24 ONGs que, en diferentes quendas durante as mañás e as tardes, terán a oportunidade de trasladar o seu proxecto solidario á cidadanía.

    Por último, a Fundación Celta de Vigo traerá xogadores do equipo de primeira división e do equipo Integra, formado por deportistas con discapacidade (gañadores este ano da Copa de España), cos que os visitantes poderán compartir momentos e pedirlles autógrafos.

    conece

    A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, xunto cos nenos e nenas do CEIP Lope de Vega que participaron no programa “Coñece a Túa Administración”

    Organizaranse varios talleres nos que os máis pequenos poderán facer experimentos e facer fósiles coas súas propias mans, un obradoiro específico para que avós e netos podan compartir unha experiencia única e un terceiro taller dedicado a creación de xogos reciclados. Asemade, artesáns galegos farán demostracións dos oficios tradicionais.

    O apartado da animación corresponderalle á Federación de Bandas de Música Populares de Vigo e Asociacións de Corais Polifónicas, rondallas e agrupacións teatrais da cidade. Estarán presentes, apuntou Corina Porro, alumnos da Escola de Arte Dramático e o coro infantil da Fundación Mayeusis, a Coral Casablanca, cun espectacular concerto de campás, e os Bolechas. Asemade, grupos locais e de jazz encargaranse de amenizar no horario ampliado ata as 00.00 horas as noites dos sábados e domingos.

    «Coñece Vigo»

    Por outra banda, a Xunta tamén deseñou a iniciativa «Coñece Vigo», un novo programa de visitas guiadas con nove rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade.

    A programación inclúe nove rutas, guiadas e de balde, pensadas para os vigueses aínda que abertas a toda a sociedade, especialmente ás asociacións, colectivos sociais e centros educativos. Xiran entorno ás orixes de Vigo, os homes e mulleres que fixeron onte o Vigo que é hoxe, os espazos a través dos que entender a identidade viguesa, o xornalismo, a administración ou os eixos do seu crecemento económico. 

    museo mar

    A ruta dos Miradoiros de Vigo permitirá, cos montes do Castro e a Guía como protagonistas, observar a ría e coñecer os seus segredos; o Vigo Castrexo ofrecerá a posibilidade de viaxar no tempo ás máis antigas orixes da cidade; o Vigo Romano afondará nos xacementos romanos máis importantes; mentres que os «Nomes de Vigo» ilustrará sobre os grandes benefactores da cidade a través dunha guía moi especial caracterizada de Irene Ceballos, ilustre veciña viguesa á que débelle o seu nome o Instituto Santa Irene; e a ruta do Pazo de Quiñones de León, na que será a propia Marquesa de Valladares quen guíe a visita a unha das pinacotecas máis interesantes de Galicia.

    Todas as rutas inclúen transporte en autobús ou en catamarán, como o que é necesario para participar en «Coñece o teu Porto», unha excursión que amosará desde o mar toda a actividade pesqueira e industrial.

    A aceptación da iniciativa, ideada polo Goberno galego en colaboración coa Autoridade Portuaria, por parte dos vigueses é tal que en tan só dez días recibíronse 5.000 solicitudes e moitos dos itinerarios están xa completos. A actividade é de balde e a inscrición pode facerse na páxina web de turismo.gal.

    43

    RelacionadosArtículos

    Vigo esperará a los baremos del Gobierno para decidir si limita los precios de los alquileres
    Sucesos

    Un acusado de estafar a una persona con dos falsos alquileres en Vigo se enfrenta a 6 años de cárcel

    25 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez reclama una mejora de los servicios públicos y de la seguridad en la parroquia de Cabral
    Local

    Luisa Sánchez reclama una mejora de los servicios públicos y de la seguridad en la parroquia de Cabral

    25 de Ene, 2026
    La borrasca cancela vuelos en Vigo, cierra el tráfico de ría y pone al límite los ríos
    Actualidad

    ‘ES-Alert’ a la población de 16 municipios de la provincia ante el riesgo de inundaciones

    25 de Ene, 2026
    Alerta roja generalizada por lluvias: sin clases en el interior ni actividad deportiva
    Actualidad

    Alerta roja generalizada por lluvias: sin clases en el interior ni actividad deportiva

    25 de Ene, 2026
    La dueña de una empresa se enfrenta a 3,5 años de cárcel por tener trabajadores ilegales montando stands en Conxemar
    Economía

    La dueña de una empresa se enfrenta a 3,5 años de cárcel por tener trabajadores ilegales montando stands en Conxemar

    25 de Ene, 2026
    ‘Los Domingos’ arrasa en una gala de los Feroz sin polémicas y sin ‘Romería’
    Cine

    ‘Los Domingos’ arrasa en una gala de los Feroz sin polémicas y sin ‘Romería’

    25 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el colegio Mezquita
    Más Vigo

    Recordando el colegio Mezquita

    Pocas personas saben que la ubicación del segundo edificio de la izquierda, el que acoge un conocido bingo en su...

    por Julio Alonso
    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción
    Libros

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción

    «Cuando te acaban de contratar, pasas a un estado liminal de existencia, recordó Verity en el andén de la estación...

    por Gabriel Romero de Ávila
    24 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR