A mostra consta de dous bloques con paneis de grandes dimensións que recolle unha exhibición fotográfica e outra parte de paneis con informacións sobre a festa que se celebra todos anos na parroquia de Sabucedo, en A Estrada.
A exposición vai poder contemplarse ata o próximo luns, polo que só se poderá visitar durante uns días. O seu obxectivo é a promoción desta festa, a súa forza e arraigo na tradición galega, que cada ano atrae a milleiros de persoas procedentes de todo o mundo.