• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 3 de julio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • VigoCultura regresa ao Auditorio Municipal con 55 funcións e medidas anticovid específicas

    A programación para o último trimestre do ano inclúe a 33 compañías, o que supón máis espectáculos e máis datas para recuperar os eventos cancelados pola pandemia
    Redacción por Redacción
    01 de Sep, 2020
    en Espectáculos
    0
    VigoCultura regresa ao Auditorio Municipal con 55 funcións e medidas anticovid específicas

    Tiritirantes Circo Teatro.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O Auditorio Municipal de Vigo abrirá este outono de novo as súas portas cun protocolo Covid-19 específico co fin de garantir a seguridade de traballadores, artistas, técnicos e público xeral. Así, o aforo, que en circunstancias de normalidade conta cunha capacidade para 285 persoas, redúcese a 83, garantindo a distancia mínima interpersoal recomendada polas autoridades sanitarias. No caso dos espectáculos para bebés, que se desenvolven no escenario do propio auditorio tan só poderán acceder 20 adultos cos seus bebés.

    Tamén será obrigatorio en todo momento o uso da máscara de protección a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5. O Auditorio Municipal contará con percorridos independentes de entrada e saída debidamente indicados, así como dispensadores de xel hidroalcohólico. Priorizarase a compra online e o pago con taxeta de crédito para evitar no máximo posible o contacto físico e elimínase o punto de venda de Discos Elepé para concentrar toda a venda física no despacho de billetes do propio Auditorio e non se editarán programas en papel, estando dispoñible o código QR de descarga do programa completo.

    O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este martes en rolda de prensa a programación de VigoCultura para o último trimestre do ano 2020 cunha forte aposta como elemento de dinamización tanto social como económica. “Abrimos as portas pola necesidade de manter a acción cultural e de activar aos produtores”, sinalou.

    O pasado 12 de marzo decidiuse o peche de todas as instalacións municipais, entre a que se incluía o Auditorio Municipal, por mor da crise epidemiolóxica provocada polo Covid-19. VigoCultura tivo que cancelar un total de 10 funcións que estaban previstas para os meses de marzo e abril.

    «Desde o Concello de Vigo fíxose un esforzo xunto coas compañías para poder adiar todas estas funcións que tiveron que ser canceladas, un esforzo titánico xa que a programación para o segundo semestre estaba pechada con outras compañías, polo que tivemos que ampliar datas de programación», sinalou Caballero.

    Inauguración na rúa do Príncipe

    A programación está composta por espectáculos de rúa, monicreques, teatro, comedia, danza, microteatro e circo. Un total de 31 compañías e grupos que realizarán un total de 55 funcións. Comezará na rúa do Príncipe, como ven sendo habitual, que tamén contará cun protocolo específico, o venres 25 e o sábado 26 de setembro, con dous espectáculos de rúa diferentes e un espectáculo de micro-teatro con monicreques no anexo ao museo MARCO.

    Ao venres seguinte comezará a programación no Auditorio do Concello, que todos os venres e sábados exhibirá espectáculos para adultos coas novas producións de compañías como A Quinta do Cuadrante (que conta con tres nominacións aos Premios María Casares), Cinema Sticado, Jean Philippe Kikolas, Elefante Elegante, Teatro do Atlántico, La Quintana Teatro ou Iron Skulls.

    Para os máis pequenos da familia, haberá programación todos os domingos de outubro e novembro pola tarde e os dous primeiros domingos de decembro en horario de mañá, con compañías como Vol’e Temps, Spasmo Teatro, Rolabola, Anita Maravillas ou Luna Teatro e Danza. Haberá tamén dous espectáculos de teatro para bebés nos meses de outubro e decembro.

    Espectáculos cancelados

    Os espectáculos que se tiveron que cancelar nos meses de marzo e abril (“Jauría” de Kamikaze, “Lambetadas” de Talía Teatro, “O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro, “Y ahora qué” de Cía.Puntocero, “Medida por medida” de Producións Teatrais Excéntricas, “Olivia y las Plumas” de La Machina Teatro, “Alma non é hippie” de Colectivo Verticalia, “Médula” de Exire e “Catro” de Caramuxo Teatro), teñen novas datas dentro da programación VigoCultura nos meses de outubro, novembro e decembro.

    Como todos os semestres VigoCultura apoia ás compañías de teatro da cidade propiciando a estrea de tres novos espectáculos como son “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva” da compañía Olivas Negras, “Feminísssimas” de Deste Xeito Producciones, e “O Fiandón” de Teatro Aforo. Ademais, haberá tres compañías internacionais que veñen de Portugal como son We Tum Tum, Companhia do Chapitô e Teatro Art’Imagem.

    Yllana volve ao Auditorio Municipal co espectáculo “The Ópera Locos”, produción gañadora do Premio Max ao Mellor Espectáculo Musical, e que realizará dous pases, un o venres 27 e outro o sábado 28 de novembro.

    Prezos e venda

    Os prezos dos espectáculos seguen a normativa establecida tanto pola Rede Galega de Teatros e Auditorios como polas ordenanzas fiscais municipais. Os prezos das entradas para os espectáculos para adultos serán de 8 € en xeral, 10 € no caso de Yllana, e os dirixidos a público familiar de 5 €.

    A partir de mañá mércores 2 de setembro comeza a venda de abonos a través da páxina web de Eventbrite e a partir do 21 de setembro estarán á venda as entradas para espectáculos soltos e a venda presencial. Aínda que neste semestre priorizarase a venda online, estableceranse dous días de venda presencial anticipada na billeteira do propio auditorio, os luns de 18 a 20 horas e os venres de 10 a 13 e de 18 a 20 horas, ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo, no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles). Como sempre, as entradas, non levan recargo por gastos de xestión e véndense sempre ao mesmo prezo, tanto online como no despacho de billetes.

    As entradas dos espectáculos adiados que tiveron que cancelarse polo covid non serven para esta nova tempada ao contar con aforos distintos, polo que todas as persoas que aínda non recolleron o reembolso das súas entradas en Discos Elepé poderán facelo ata o vindeiro 30 de setembro na propia tenda de discos.

    Tags: Concello de VigoVigoCultura

    RelacionadosArtículos

    El Concello de Vigo buscará “soluciones” a la situación económica de la Misión del Silencio
    Local

    El Concello de Vigo buscará “soluciones” a la situación económica de la Misión del Silencio

    28 de Jun, 2022
    El presupuesto para contratar artistas en Castrelos bate un nuevo récord: más de 2 millones
    Música

    El presupuesto para contratar artistas en Castrelos bate un nuevo récord: más de 2 millones

    23 de Jun, 2022
    Tapias lleva las banderas azules de Vigo hasta al ayuntamiento al negarse el Concello a recogerlas
    Local

    Tapias lleva las banderas azules de Vigo hasta al ayuntamiento al negarse el Concello a recogerlas

    23 de Jun, 2022
    El padrón municipal de Vigo recupera fuelle y vuelve a acercase a los 300.000 habitantes
    Local

    El padrón municipal de Vigo recupera fuelle y vuelve a acercase a los 300.000 habitantes

    22 de Jun, 2022
    Mos ampliará el parque de agua de A Pesqueira, que pasará de 3.700 a 8.500 metros cuadrados
    Mos

    Mos ampliará el parque de agua de A Pesqueira, que pasará de 3.700 a 8.500 metros cuadrados

    17 de Jun, 2022
    Un ‘street view’ propio y actualizado: el Concello de Vigo saca su coche a la calle para mapear la ciudad
    Local

    Un ‘street view’ propio y actualizado: el Concello de Vigo saca su coche a la calle para mapear la ciudad

    14 de Jun, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    por Redacción
    26 de Jun, 2022
    0

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    por Redacción
    30 de Jun, 2022
    0

    -

    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora
    Música

    Vigo ha acogido con los brazos abiertos la celebración del Festival Latitudes. Era el único evento musical, dentro de los...

    Leer mas

    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado
    Gastronomía

    Vuelve a Vigo el evento veraniego ‘Solpor a Bocados’, organizado por la Asociación Vigo Gastronómico, que realizará el martes 5...

    Leer mas

    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0
    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda
    Vivienda

    Rehabilitación de viviendas, renovación de fachadas, o ventanas, redacción de proyectos técnicos o incluso la compra de vivienda habitual en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR