Dirixido a toda a familia, El Mago de Oz é un show que combina teatro moderno e familiar con baile, cancións e moita diversión para que pequenos e maiores o pasen en grande, gozando unha vez máis deste clásico de Frank Baum contado dun modo un tanto diferente, porque nesta versión nada é o que parece: a Fada Glinda é tan torpe como efectiva, a Bruxa do Oeste é bastante neurótica, o León Covarde parece unha versión animal de Tony Manero, o Home de Folla de Lata ten complexo de Clint Eastwood, e o Espantallo ten a memoria dun peixe e a inocencia dun neno.
A través destes personaxes a historia pretende humanizar a maxia e atender as necesidades do público adulto, para que toda a familia goce dunha experiencia compartida.