• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 9 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    ENTREVISTA

    Tatán: «Agora veñen a vernos persoas cos netos que xa acudían de solteiros»

    Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán' será o encargado de iniciar o Festival de Títeres de Redondela este luns (23:00) cun concerto para presentar o seu disco 'Chapeu'
    Jorge Castro por Jorge Castro
    13 de May, 2016
    en Espectáculos
    0
    Tatán: «Agora veñen a vernos persoas cos netos que xa acudían de solteiros»

    Eduardo Rodríguez Cunha ‘Tatán (maio, 1954) é un dos veciños de Redondela máis coñecidos. Actor e, sobre todo, titiriteiro, abrirá este luns o Festival de Títeres de 2016 cun concerto de presentación do seu primeiro e único disco ‘Chapeu’. Porque, pasados os sesenta, quixo facer cd e dará un concerto na súa vila o que implica estar «feliz e contento». 

    ¿Este ano ten moita presencia no festival con concerto e actuación de Tanxarina?
    A presencia é algo que coincide porque son titiriteiro e, como presentei o disco en xaneiro, quixeron que inaugurar o festival co concerto e eu estou moi contento porque é a miña vila, onde nacín. Sae un pouco do mundo dos monicreques, pero as cancións están relacionadas co mundo teatral e todo vai ligado. É unha necesidade que tiña de contar, a través da música, as letras que fun escribindo na miña etapa como titiriteiro.

    ¿Vostede fai de todo?
    Xa tiña os meus ‘pinitos’ na música con Igualdeixa en Redondela xunto con Tejo, Fon, Castillo, Mingui, Jando… Xuntabámonos e cantabamos. Eu, coa miña sapiencia musical, axudaba coas letras. No caso de ‘Chapeu’, quixen illarme un pouco do entorno de Redondela e facelo fóra. O fixen con Pablo Vidal, que é un contrabaixista moi recoñecido. Sacamos o disco e quedamos moi contentos. Xa teño en mente ó segundo. Teño algunha letra, xa. E iso que non contaba.

    ¿Está nunha etapa que fai o que quere?
    A verdade é que no teatro podes facer o que queres. A nivel persoal non é tan doado. Manter unha empresa como Tanxarina, que somos tres, Miguel Borines, Ándres Giráldez e eu, máis Ana Bea, que está na oficina, supón un esforzo empresarial e manter a cabeza ocupada. Ó mesmo tempo, dende o punto de vista artístico, acontece que tes gañas de facer outras cousas e sucede. Por exemplo, facer concertos. Soamente tiña a intención de sacar o disco, pero despois a vea artística xurde e queres contalo en directo ó público. Miguel e Andrés agora están en Serramoura na televisión. Sempre nos apoiamos de xeito natural entre nós. Un di apetéceme facer isto e ten vía libre. Somos autónomos e temos un grado de autonomía e, ademais, cando estamos fóra temos que apoiarrnos. Quen queira facer outra cousa, que poida facelo.

    ¿Supón máis responsabilidade dar un concerto ante un público que coñece ó 99%?
    Moitos xa me coñecen hai moitos anos dos meus comezos. Agora estou un pouco máis maior e paseime do Rock ás habaneras, ó fado, ó swing… Cada vez que actúo en Redondela atópome moi feliz e contento. Non teño medo ningún. Incluso os erros que poden acontecer durante o concerto os incorporo para sobreentender que estou contando cousas a miña xente. Por iso non sinto nervios. Responsabilidade teño toda, que todo saia ben, que os músicos cheguen a tempo, que o son funcione.

    ¿Cambia actuar en Redondela?
    Atópome como na casa. Como estar nunha festa con amigos que cantamos. Fóra é distinto, xa fixen algúns concertos en Santiago, Portugal e Narón. Estivemos todos moi contentos e saíu ben. Despois, o que son táboas no escenario xa levo 33 anos e é algo que axuda. Actúo case todos os días e son públicos diferentes. Este disco, Chapeu, ten unha historia moi teatralizada e podo aproximarme ó meu campo. Algunhas cancións case son faladas, cantadas pero moi interpretadas. Axuda moito e creo o meu estilo.

    tatan 42

    O martes toca representar Titiricircus en Redondela. Unha obra que puideron ver todas as xeracións de redondeláns.
    Hai un programador en Verín que di que vai a levar Titiricircus cada catro anos porque afirma que cada xeración ten que ver este espectáculo. Foi unha referencia no seu tempo. Naceu en 1987, xa cumpriu 25 anos, xa fixemos un libro… De todo. O levamos hai pouco ata Colombia. É un espectáculo que permite levalo a América porque é manexable. Leva máis de 1.500 funcións e é como os Colombaioni, que actúan toda a vida igual por parellas e fan sempre o mesmo, pero os ves e escachas coa risa.

    ¿Pasa en Redondela cada vez que o representan?
    Andrés Giráldez, que fai de técnico neste número, comezou de neno. Mirábanos actuar e despois incorporouse a compañía. Outros, hai xente de Redondela que coñeceron o número cando aínda non estaban casados e agora veñen co neto da man. Unha persoa que tiña vinte e como levamos agora trinta anos coa obra, pode vir co neno. Hai casos. É moi curioso é simpático. Imos perdendo o pelo, pero ven o avó e di: “eu te vin no ano oitenta e tantos”. É algo moi emotivo. Faite feliz, fai que creas na profesión e que sexas útil. No noso caso servimos para cubrir a parte lúdica da vida, aínda que ás veces, sofres algunha patada no cu, pero pasa en tódalas profesións.

    ¿Como se mantén o Festival de Títeres durante 17 anos?
    Isto foi por Juanjo Amoedo, que prendeu isto e morreu sen poder ver a primeira edición. Era moi amigo meu. Tiña boa relación cos empresarios e unha vez acudiu a Segovia a ver o Titirimundi e dixo que tiñamos que facer iso en Redondela. Encargouse el e acadou algo moi importante, que foi crear este festival da base de Redondela. Meteu ós insubmisos, a asociacións de mulleres, ós empresarios, os ‘scouts’… Xuntou a todos e deu unha forza moi grande ó festival. O primeiro ano xa funcionaba, estaba todo cheo. A sala do Multiusos chea. Todo. Conformou unha especie de colchón que permite que o festival continúe funcionando e sexa dos acontecementos máis importantes de Redondela.

    Tanxarina é unha empresa de titiriteiros e de ámbito case exclusivo galego, ¿como se consegue aguantar tanto tempo?
    Economicamente é moi difícil. A cultura está menosprezada. Eu estou integrado en Escena Galega e loitamos aí para dignificar a profesión, para que se cumpran os convenios para que o que sucede no audiovisual tamén pase no teatro e nos títeres. Tanxarina segue existindo porque a relación entre Miguel, Andrés e máis eu foi evolucionando cos anos, madurando, fomos facendo máis piña e permitíndonos as nosas debilidades, que é moi importante. ¿Canto máis vai a durar? Nunca se sabe. O que está claro é que, co que levamos feitos todos este anos, temos unha identidade e podemos permitirnos que, se queda un de nós, pode seguir funcionando Tanxarina. Incluso se marcha un de nós, sería con cariño e con moi bo ‘rollo’ porque son moitos anos. Se nos queixamos é de vicio.

    43

    RelacionadosArtículos

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo
    As Neves

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    09 de Ene, 2026
    Una expedición gratuita nos invita a descubrir los secretos del invierno en O Porriño
    O Porriño

    Una expedición gratuita nos invita a descubrir los secretos del invierno en O Porriño

    09 de Ene, 2026
    Sin noticias del Dinoseto
    Más Vigo

    Sin noticias del Dinoseto

    09 de Ene, 2026
    Una réplica exacta de tu hijo o incluso de ti mismo al otro lado de la Ría
    Moaña

    Una réplica exacta de tu hijo o incluso de ti mismo al otro lado de la Ría

    08 de Ene, 2026
    Segundo intento para demoler cinco edificios de la antigua ETEA
    Local

    Caballero dice que Zona Franca salva la ETEA y desde la Xunta responden: «Su capacidad de mentir no tiene límites»

    08 de Ene, 2026
    Local

    Manifestación en Vigo para exigir la liberación de la AP9

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Beade se llena de música y tradición con el III Encuentro de Rondallas

    El concurso de rondallas de Vigo cambia de ubicación y ya espera a más de 300 personas

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Sin noticias del Dinoseto
    Más Vigo

    Sin noticias del Dinoseto

    Casi nadie recuerda al Dinoseto y mucho menos a su cría, personajes insignes de la ciudad de Vigo. Todo comenzó...

    por Julio Alonso
    09 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR