Esta obra forma parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e novas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.
«Páncreas» foi gañadora do Premio Ercilla na súa XXXII edición á Mellor Creación Dramática da Tempada 2015. A obra xira ao redor de tres amigos: un deles precisa urxentemente un transplante de páncreas, o segundo previu suicidarse nun futuro non moi afastado para esquivar a decrepitude e a vellez, e o terceiro reúneos para propoñerlle ao segundo que se suicide canto antes para que lle doe ao primeiro o seu páncreas.
FERNANDO CAYO
Actor, director e músico español de ampla formación. Entre os seus traballos en cinema destacan The Counselor de Ridley Scott, El orfanato de J. Bayona, Mataharis de Icíar Bollaín ou La piel que habito de Pedro Almodóvar. En 2014 é recoñecido como mellor actor de tatro pola Asociación de Amigos do Teatro de Valladolid e mellor actor de teatro 2013 polos lectores do diario El País. Do seu paso por televisión destacan as series Manos a la obra, La señora, Toledo, La república, Punta Escarlata ou Hermanos.
JOSÉ PEDRO CARRIÓN
É un actor español formado en interpretación na RESAD con William Layton. Comeza a súa actividade artística na década de 1970. Desenvolveu a súa carreira sobre todo en teatro e en menor medida en cinema e televisión. Sobre os escenarios traballou baixo as ordes, entre outros, de Miguel Narros, Gerardo Vera, José Carlos Plaza e John Strasberg. En teatro, destacan as obras La amante inglesa (2013), Cyrano de Bergerac (2007) ou Doce hombres sin piedad (2001), entre outras. En televisión formou parte do elenco de series tan coñecidas como Águila Roja, Cuéntame cómo pasó, Isabel, El comisario ou Ana y los 7.
ALFONSO LARA
Alfonso Lara é un actor, director e guionista español. Participou en numerosas series de televisión, sendo popular en moitos países pola serie Un paso adelante na que interpretaba a Juan Taberner, profesor de música. En teatro foi gañador do Premio MAX ao mellor actor de reparto por Urtain, dirixida por Andrés Lima. Participou, así mesmo, en Prim, Proyecto dos, El robo más grande jamás contado, Muertos de risa ou El corazón del guerrero. O seu último traballo en televisión foi Anclados. Como director de teatro destaca a súa posta en escena de El divorcio de Fígaro, de Ödön von Horváth.