Para celebrar os vinte anos de carreira interpretando a Queen, a banda iniciou unha xira internacional que xa percorreu escenarios de Tokyo, Australia, Estados Unidos ou Brasil e da que Vigo formará parte o 27 de outubro a partir das 21.30 horas.
O Ifevi acollerá un espectáculo completamente renovado e unha posta de iluminación e escenografía impresionantes, recreando maxistralmente na súa actuación, o máis icónico concerto de Queen.
As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com a partir de 30 euros. Para subir ao recinto feiral, Vitrasa poñerá lanzadeiras a disposición dos asistentes.