«CreaVigo» é un proxecto de creación artística en directo que mestura artes plásticas, ilustración, música e danza en espazos públicos. Debido á meteoroloxía foron reprogramadas as oito actividades e agora levaranse a cabo entre o 6 e o 12 de xuño en catro emprazamentos (Praza da Princesa, Praza de Compostela, Porta do Sol e Príncipe).
Organizado polo Concello de Vigo, «CreaVigo» funciona de forma paralela ao proxecto de arte urbana «Vigo, cidade de cor» e ten como obxectivo principal a interacción coa cidadanía, acercando a arte a diversos públicos a través da participación e da creación colaborativa, apoiando ao tempo a produción cultural galega.