O consistorio pagará unha parte do custe que supón a viaxe. Con todo, Media Punta seguirá precisando de investimento privado e colaboración cidadá, polo que poderá dispoñer do auditorio Mar de Vigo para celebrar un festival co que reunir cartos que axuden a financiar o desprazamento.
Media Punta gañou a pasada fin de semana o Campionato de España de Danza e clasificouse para o Mundial. «Gañaron cunha coreografía espectacular, de calidade superior, interpretaron a Muiñeira de Chantada a ritmo de hip hop e foron ouro», sinalou este xoves o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que mantivo unha reunión con representantes da escola.
O equipo estará en Sitges desde o 21 de xuño ao 1 de xullo coa peza gañadora no Nacional e con outras catro categorías máis. «Tiñan problemas de financiamento e xa falamos con eles. Tamén poremos o auditorio Mar de Vigo a súa disposición para que poidan celebrar un gran festival antes de marchar ao Mundial», indicou o rexedor.