• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 14 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Los Planetas, La Fura dels Baus, Les Luthiers e Dani Rovira actuarán en Vigo este outono

    O auditorio Mar de Vigo presentou este venres a súa programación para os vindeiros meses, na que tamén están incluídos Coque Malla ou os espectáculo ‘The Hole Zero’ e ‘Shrek’
    Redacción por Redacción
    20 de Jul, 2018
    en Espectáculos
    0
    Los Planetas, La Fura dels Baus, Les Luthiers e Dani Rovira actuarán en Vigo este outono

    Entre os nomes máis destacados desta programación figuran a banda ‘indie’ Los Planetas, a prestixiosa compañía teatral La Fura dels Baus, o espectacular musical ‘The Hole Zero’ ou os históricos humoristas Les Luthiers.

    A parte musical traerá neste semestre grandes nomes do pop español. Ademais dos aclamados Los Planetas, que chegarán a Vigo o 24 de novembro dentro da histórica xira ‘XX aniversario’, tamén pasará polo Mar de Vigo Coque Malla o 26 de outubro, coa súa xira ‘Coque Malla y el Cuarteto irrepetible’ e a cantautora Rozalén, que está anunciada para o 6 de Outubro presentando o seu disco ‘Cuando el río suena’, que xa leva o 80% do aforo vendido e vai camiño de esgotar todas as entradas semanas antes da cita.

    A programación de concertos aínda se completará con novos artistas que se anunciarán nas vindeiras semanas e tamén no último trimestre do ano co ciclo ‘M Vigo’, que prestará especial atención ás mulleres, e polo que pasarán artistas moi coñecidas en xéneros que van desde o pop ata o ‘indie’ pasando polo flamenco.

    Os grandes musicais serán outro dos pratos fortes da programación, encabezados polo excepcional ‘The Hole Zero’, a nova produción da saga ‘The Hole’ que se representa por primeira vez en Galicia cun novo show diferente que mestura música, circo e cabaret e incluso presenta a novidade de ter a parte dianteira do auditorio habilitada nun formato cabaret con mesas e sillas.

    Este musical promete ser un dos grandes acontecementos de inicio de outono e fará sete funcións no Mar de Vigo, do 27 ao 30 de setembro. Outros dos musicais será ‘Shrek’, unha aposta familiar cun agardado espectáculo producido en Galicia, e que terá lugar o 27 de outubro.

    Ademais, un gran nome propio da historia do teatro español, La Fura dels Baus, será outro dos pratos fortes da programación do Mar de Vigo nos vindeiros meses. A xira do seu espectáculo ‘Carmina Burana’, despois de pasar por tres continentes e ser presenciada por 150.00 espectadores, só fará unha parada en Galicia para a que elixiron a cidade de Vigo. Este deslumbrante espectáculo, dirixido por Carlos Padrissa e con música de Carl Orff, porá en escena máis de 30 artistas e representarase en tres funcións no Mar de Vigo, do 30 de novembro ao 2 de decembro.

    Humor
    Outro incombustible grupo de humoristas recalará no Mar de Vigo no mes de novembro. Trátase dos arxentinos Les Luthiers, que regresan a Vigo  co seu espectáculo ‘Viejos Hazmerreíres’, e tamén estarán sobre as táboas do auditorio en tres función consecutivas, do 16 ao 18 de novembro, para as que xa teñen gran parte do aforo vendido.

    Dentro da liña de programación dedicada ao humor, os monólogos seguen sendo unha aposta no Mar e Vigo, e o 3 de novembro chega o espectáculo ‘Monólogos Interruptus’, guiado por un excepcional trío de humoristas como son Dani Rovira, JJ Vaquero e Iñaki Urrutia.

    Espectáculos familiares
    Como vén sendo habitual nos últimos meses, o Mar de Vigo mantén unha liña de programación pensada nos máis pequenos e ó público familiar. Nesta ocasión, o 7 de outubro chega ‘Caperucita Roja’, no singular formato de ópera teatral didáctica para toda a familia, e o 4 de novembro un clásico como ‘Peter Pan’.

    Outro espectáculo familiar inédito terá lugar no Mar de Vigo o 28 de decembro para rematar o ano, como é a sorprendente ‘Orquesta de instrumentos reciclados de Cateura’, formada por rapaces e mozos de entre 11 e 25 anos, procedentes dun barrio marxinal de Asunción (Paraguai), que fabrican os seus instrumentos con material reciclado procedente dun vertedoiro. Vigo será unha das dúas únicas cidades españolas onde actuará esta orquestra, ademais do Teatro Real de Madrid. Será a primeira vez que esta formación actúe en Galicia despois de pasar por cidades como Nova York, Roma ou Tokio, grazas a un acordo de colaboración entre o Concello de Vigo e Ecoembes.

    Finalmente, a música clásica tamén terá unha presenza importante coa temporada de concertos da Orquesta Sinfónica de Galicia. O Mar de Vigo acollerá oito actuacións da OSG, que abrirá a temporada en Vigo o 11 de outubro e se prolongará ata o mes de xuño. Para todas estas actuacións e todos os espectáculos poderá obterse información e adquirir as entradas na web do auditorio www.auditoriomardevigo.com .

    43

    RelacionadosArtículos

    Desarticulada una importante banda de narcos que operaban desde Plaza de Portugal y Ramón Nieto
    Local

    Desarticulada una importante banda de narcos que operaban desde Plaza de Portugal y Ramón Nieto

    14 de Nov, 2025
    El aeropuerto de Vigo suma un 33% más de plazas para volar a Mallorca esta navidad
    Local

    El aeropuerto de Vigo suma un 33% más de plazas para volar a Mallorca esta navidad

    14 de Nov, 2025
    Intervienen en el Puerto de Vigo tres contenedores con 60.000 bolsos falsificados
    Local

    Intervienen en el Puerto de Vigo tres contenedores con 60.000 bolsos falsificados

    14 de Nov, 2025
    Se prolonga hasta finales de mes la campaña de vacunación ante la gripe, que pone el foco en los menores de 60
    Actualidad

    La ola de gripe ya está aquí

    14 de Nov, 2025
    Hematofesti alarga su legado
    Cultura

    Hematofesti alarga su legado

    14 de Nov, 2025
    Tiempo de turrones
    Más Vigo

    Tiempo de turrones

    14 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    Desvelado el aforo máximo y la hora del encendido de las luces de Navidad de Vigo

    por Redacción
    11 de Nov, 2025
    0

    Una excavadora tira parte de su vivienda en el centro de Vigo: «Quieren que me largue de aquí»

    Una excavadora tira parte de su vivienda en el centro de Vigo: «Quieren que me largue de aquí»

    por Redacción
    10 de Nov, 2025
    0

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    0

    Licitada al fin la reconstrucción de la piscina de Teis: así reabrirá en 2027

    Caballero dice que la Diputación quiere parar la piscina de Teis y le contestan que «miente con mucho descaro»

    por Europa Press
    11 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Tiempo de turrones
    Más Vigo

    Tiempo de turrones

    Se acerca la Navidad y con ella el tiempo de turrones y dulces típicos de una época en la que...

    por Julio Alonso
    14 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo
    Libros

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo

    La autora viguesa Alexandra Touza presentará este viernes ,14 de noviembre, en la UNED de Vigo con su colección Cuentos...

    por David Augusto
    13 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR