18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

teatro

"Té con Kant" no auditorio municipal de Vigo

O vindeiro mércores, 9 de decembro ás 21h, con entrada libre ata completar o aforo

07 Diciembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel da representación. Cartel da representación.

Da man da Concellería de Igualdade a compañía Inversa Teatro representará no auditorio municipal a peza teatral "Té con Kant" o vindeiro mércores, 9 de decembro ás 21h, con entrada libre ata completar o aforo.

"Té con Kant" é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntima próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Kraus son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde Prusia do S.XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión e acción da cidadanía ao redor da problemática social e moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant.
O final do espectáculo decídeo o público de forma asamblearia, seguindo o imperativo categórico kantiano e despois de que este escoite, por parte dunha das personaxes, unha crítica marxista e feminista á ilustración.

Lugar: Auditorio Municipal (Praza do Rei s/nº)
Data e hora: mércores, 9 de decembro ás 21h.
Duración: 90 minutos
Compañía: Inversa Teatro
Actrices: Marta Pérez e María Roja
Premios:
2015– I Premio do público Coiro de Pita.
2015– XV Premio Teatral Maruxa Villanueva a Marta Pérez por Té con Kant.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído