16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 9am

espectáculo infantil

"Brinca Vai! 2.0” na Sala Ártika de Vigo

Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal. Estará acompañado polo artista dixital José Miguel Sagüillo

11 Noviembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel do espectáculo que se representará este fin de semana, sábado e domingo, na sala Ártika. Cartel do espectáculo que se representará este fin de semana, sábado e domingo, na sala Ártika.

O músico Paco Nogueiras e o artista dixital José Miguel Sagüillo presentarán o espectáculo musical
e audiovisual “Brinca Vai! 2.0” na Sala Ártika de Vigo, este sábado 14 ás 19:30 horas e o domingo 15
ás 12:00 e ás 18:00 horas.

Trátase dunha actividade dirixida a público infantil e familiar baseada nas cancións do libro-disco “Brinca Vai!”, publicado por Kalandraka, no que Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal.

Ademais de interactuar coa “máquina” coa que Paco Nogueiras reforza as melodías dos instrumentos que toca en directo, esta versión 2.0 incorpora como elemento destacado unha “pantalla” na que Sagüillo proxecta fragmentos dos videoclips das cancións e mesmo fai partícipe o público, a través das imaxes en directo que transmite cunha cámara de video. 

O humor está presente de principio a fin nesta función, na que maiores e pequenos moveranse a ritmo de rap, techno, rock e reggae, que son algúns dos estilos modernos que caracterizan as composicións de Paco Nogueiras para a proposta lúdica e transgresora do “Brinca Vai!”, ilustrado polo debuxante David Pintor.

Paco Nogueiras ten unha ampla experiencia non só como músico, senón tamén como actor de teatro. Ademais de representar por toda Galicia o espectáculo “Brinca Vai de aquí a acolá”, tamén forma parte de grupos como a Orquestra Os Modernos, Os Tres Tenedores e do coro da Escola Estudio de Música de Santiago.

BrincaVai

O vigués José Miguel Sagüillo é deseñador, director de videoclips e curtametraxes. Entre os seus traballos máis recentes destacan a webserie “Dálle ghas” do grupo Triatreros, aínda que tamén deixou a súa impronta nos murais de temática mariñeira pintados en Torrecedeira e Pi y Margall. 

As entradas para o espectáculo “Brinca Vai! 2.0” pódense adquirir na web e na taquilla da Sala Ártika (Avda. Beiramar, 113), cun prezo de 6 euros.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído