18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

este sábado, ás 20:30 horas

Os perigos da amizade e o amor en "Amigos ata a morte"

Xosé Touriñán, Ledicia Sola e David Amor estrean en Vigo a comedia Amigos ata a morte, escrita por Javier Veiga e que cultivou numerosos éxitos en Madrid, Euskadi, Cataluña, Porto Rico ou México.

15 Octubre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
As entradas xa están dispoñibles en ataquilla.com As entradas xa están dispoñibles en ataquilla.com

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta este sábado 17 de outubro en Vigo a comedia Amigos ata a morte, escrita polo actor e guionista Javier Veiga e protagonizada por Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e David Amor.

A representación, que cultivou xa numerosos éxitos en Madrid, Euskadi, Cataluña, Porto Rico ou México, terá lugar ás 20.30 h. no teatro García Barbón de Vigo. As entradas están á venda en www.ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

"Amigos ata a morte" é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que, se van xuntos, poden ser perigosos. Nacho, Ángel e María, tres personaxes e dúas historias de amor e de amizade. Eles son tres amigos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou quizais non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutra maneira a súa relación

Reparto
Xosé Touriñan leva máis de dez anos no mundo do humor e o audiovisual galego. A principios do 2000 forma con Marcos Pereiro o dúo cómico "Os 2 de sempre", unha proposta que conseguiu fama co espectáculo das Cantareiras de Ardebullo. Este éxito levouno a dirixir e presentar o seu propio programa, "Tourilandia", estreado na TVG en 2012. Participou, ademais, noutros programas, series e filmes coma "Padre Casares", "Era Visto" ou "Land Róber", entre outros.

Ledicia Sola é unha das actrices con máis percorrido no audiovisual e no teatro feito en Galicia na última década. Deuse a coñecer grazas á serie de TVG "Gran Reserva", e na actualidade é unha das protagonistas de "Pazo de familia" na Televisión de Galicia. Anteriormente participou noutros proxectos como "O Nordés" ou "Os Atlánticos". No ámbito nacional ten interpretado diferentes personaxes en series coma "Amar es para siempre" ou "Ana y los 7", entre outras.

David Amor deuse a coñecer a través do programa "O Rei da Comedia", e ten participado en diferentes series coma "Mareas Vivas" ou "4º sen ascensor" e en programas coma "Supermartes". A súa popularidade televisiva consolídase coa participación anos despois en "El Club del Chiste" de Antena 3, co que percorre decenas de teatros e auditorios. Na actualidade interpreta a Tito na serie de Cuatro "Gym Tony".

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

celta

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído