19082019Lun
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 1pm

actividades de fin de semana

Da tradición galega á cultura urbana pasando polos contos de sempre

Detrás do Marco ofrece un completo programa de actividades para este primer fin de semana de setembro

02 Septiembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Este venres serán as regueifas de Duplo R. Este venres serán as regueifas de Duplo R.

Intensa fin de semana de actividades en Detrás do Marco (Londres s/n) cun espectáculo de regueifas e rap o venres 4 de setembro e un contacontos con Brais das Hortas, o sábado 5 de setembro. Da tradición galega á cultura urbana máis actual, ademais dos contos de sempre sobre “os arredores de Vigo”.

O venres 4 de setembro poderemos gozar dunha actuación única grazas ao programa Duplo R que une a regueifa e o rap, a tradición galega e a cultura urbana máis actual. Sen dúbida, un espectáculo único que non podes perderte: O venres 4 de setembro a partires das 21:00 horas na terraza de Detrás do Marco.

Duplo R é un programa do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo que pretende achegar á mocidade á regueifa, un mundo que lles pode parecer alleo, pero que en realidade ten moitos puntos de unión co rap. Así, poderemos ver en acción as linguas rápidas e mordaces de Luis O Caruncho e Bieito Lobariñas (polas regueifas) e a Duke Sam e DJ Fabio (rap).

Qué é a regueifa? A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar durante o tempo que dura unha disputa determinada. Cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos nos que riman os pares. Os temas das regueifas son variados, pero sempre cunha boa dose de humor ou retranca, polo que estes cantares son moi divertidos para todos os públicos.

O sábado, Brais das Hortas.

Brais das Hortas chega o sábado 5 de setembro (21:00 horas) a Detrás do Marco co seu espectáculo “De Torneiros a Botswana”.

Será unha contada na que Brais coas súas verbas nos levará a outros sitios: “O mar de Vigo é unha porta ao mundo. Unha entrada e saída de xente. Xente de Camos, da Guarda, de Botswana ou de Chandebrito...E as súas historias”. Coma sempre, haberá tempo para historias de amor, visitas a cemiterios, charlas ao redor dun viño nunha aldea...

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Ms Lauryn Hill - 2%
Leiva - 9.9%
Tom Jones - 8.4%
Fangoria - 2%
Rick Astley - 5.8%
Roger Hodgson - 5.3%
30 Seconds to Mars - 26.6%
Vetusta Morla - 26.4%
David Bisbal - 11.7%
La votacion ya ha finalizado en: Agosto 19, 2019

sucesos

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído